Intercambio cultural en Parada de Sil

O Albergue A Fábrica da Luz acolle dende o 22 ao 30 de agosto un Intercambio Cultural entre mozos da Bretaña Francesa e mozos galegos, de entre 14 e 17 anos. Convivirán durante 9 días en Parada de Sil nunha experiencia internacional onde descubrirán a identidade cultural e a riqueza da tradición local.

As actividades centraránse en 3 accións:

  • Culturas tradicionais: descubrimento do medio cultural e do patrimonio histórico ca visita a monumentos históricos, museos, tumbas antropomórficas, casco histórico da cidade de Ourense… Participarán en escavacións arqueolóxicas nas tumbas antropomórficas de San Vitor de Barxacova. Coñecerán a artesáns locais, haberá animacións lingüísticas, veladas interculturais…
  • Encontro intercultural: actividades deportivas e o aire libre, kayaks, sendeiros na natureza, dinámicas de grupo e xogos cooperativos.
  • Cidadanía activa e dimensión europea: talleres de animación lingüística, quizz e proxecto de radio. Os mozos franceses traerán material de radio para poder realizar en terreo e na zona de Parada de sil entrevistas sobre un tema elixido entre todos eles, para o seu regreso poder realizar una transmisión feita entre todos.

 


 

 

  • Dirixido a: rapaces de entre 14 e 17 anos
  • Do 22 ao 30 de agosto
  • Prezo: 150€ todo incluído (pensión completa, actividades, desprazamentos pola zona)
  • Inscrición e información: no teléfono 696 481 987 e no mail inscripciones@afabricadaluz.com
    FÁBRICA DA LUZ en Parada de Sil Como chegar

 

cartelintercambio

¡Compártelo!
Artículo anteriorIntercambio cultural en Parada de Sil
Artículo siguienteKhumba

Escribe un comentario