II Festival de Teatro en Inglés na Coruña

O Teatro Colón da Coruña é de novo escenario para o II Festival de Teatro en Inglés coa compañía You are the story. Son catro os espectáculos dirixidos a nenos de 3 a 12 anos. Divertidos clásicos adaptados para un actor no que os nenos encarnarán a personaxes da literatura universal. Así, integrarán o idioma á vez que aumentan a confianza en sí mesmos e abordan o proceso creativo.

 

  • 2 de abril | 12.30 horas | The three little pigs  *nivel de inglés de Educación Infantil e 1º de Primaria (son sempre niveis orientativos) | 35 minutos
  • 3 de abril | 12.30 horas | Pinocchio   *para nenos de 1º,2º, 3º e 4º de Primaria | 40 minutos
  • 4 de abril | 18 horas | Oliver Twist   *para nenos de 5º, 6º de Primaria e 1º de ESO | 45 minutos
  • 5 de abril | 12.30 horas | Peter Pan   *para nenos de 1º a 4º de Primaria | 50 minutos

 

  • Prezo: desde 6€. **Existen varios descontos para os que asistades a máis dunha función: o 1º día págase o 100% do prezo; o 2º día aplícase un 10% de desconto ao presentar a entrada do día anterior; o 3º día aplícase un 20% de desconto ao presentar as entradas dos dous días anteriores e o 4º día aplícase un 40% de desconto ao presentar as entradas dos tres días anteriores.
  • Entradas: á venta en www.ataquilla.com.
  • TEATRO COLÓN na Coruña Como chegar


 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.