II edición A cidade dos rapaces na Coruña

O paseo do Parrote na Coruña convértese o domingo 17 de maio no escenario dunha festa para gozar en familia: a segunda edición da Cidade dos rapaces. Unha xornada con diferentes disciplinas artísticas para todos os públicos. A Cidade dos rapaces é unha experiencia única e festiva, que vos permitirá gozar de espectáculos sorprendentes e xogos ao aire libre.

ROCK’N’KIDS BAND SHOW. Concerto de rock & roll para pais, nais e nenos. A Rock´n´Kids Band fará un percorrido pola historia do rock tocando os seus temas míticos. O concerto proporá unha actividade con cada tema, para que tanto pais como nenos bailen e canten xuntos e participen activamente no espectáculo.

  • De 11.30 a 14 horas e de 16.30 a 20 horas  | Photocall e obradoiro de maquillaxe
  • De 13 a a 14 e de 18 a 19 horas | Obradoiro de percusión
  • 13.30 e 18.30 horas | Flash Mob de Rock’n’Kids
  • De 12 a 13 e de 19 a 20 horas | Concerto de Rock’n’Kids Band

 

DISCOTECA BABOO EXPERIENCE. Unha discoteca para os nenos, un espazo para bailar, saltar, moverse; unha intensa experiencia visual e sonora.

  • De 11.30 a 14 horas e de 16.30 a 20 horas

 

EL CIRCO EN EL DESVÁN DE LOS HERRERITA. Los Herrerita convídannos a adentrarnos e a aprender a xirar o prato, facer xogos malabares, pedalear no monociclo, colgarnos no trapecio ou camiñar sobre o cable.

  • De 11.30 a 14 horas e de 16.30 a 20 horas

CONCIERTO DE LOS FRIKIPALDIS  

  • De 20.30 a 22.30 horas

 

Explanada do Parrote na Coruña Como chegar

Entrada libre e gratuita

Escribe un comentario