Halloween en Langstrump

Para celebrar Halloween Langstrump prepara actividades para morirse de medo!

Arañas!

É un taller dirixido tanto a peques como adultos onde crearedes divertidas arañas para a decoración de Halloween, para un broche, para unha diadema… Realizaránse utilizando diferentes técnicas sinxelas, combinando a xoiaría artesanal con fío máxico, alpaca e abelorios diversos, así como pautas simples de decoración con “limpiapipas”. Todo o material está incluído e levaráste a túa araña! A profe é Sylvia Kehl.

Dirixido a: nenos e adultos

30 de outubro | 18 horas

Prezo: 18€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Merenda de Halloween

Mórdete de medo! é un taller onde prepararedes unha merenda terrorificamente deliciosa. Ollos, arañas, pantasmas… Aproximadamente hora e media de preparación e degustación de postres de medo con Cris Campos.

Dirixido a: nenos e adultos

31 de outubro | 18 horas

Prezo: 15€ (neno + adulto)

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Contos monstruosos de Samaín

Poderedes pasar unha mañá montruosa en Langstrump con Pizpireta e os seus Contos Monstruosos. Ensinarános que é Samaín e como podemos asustar aos monstros. Quen é Pizpireta? Noemi Miranda!

Dirixido a: nenos de 5 a 10 anos

1 de novembro | 12 horas

Prezo: 5€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

* É necesario reservar pRaza a través do mail hola@langstrump.es ou do teléfono 881 918 770.

Langstrump na Coruña Como chegar

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorHalloween en Langstrump
Artículo siguienteCabazas decoradas!

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.