Gatuxo, música e teatro para bebés

Gatuxo é un espectáculo músico-teatral para bebés onde onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, con Magín Blanco, María Faltri e Jorge Juncal na composición e interpretación musical acompañada da dirección escenica e interpretación de Raquel Queizás. 

[blockquote indent=”yes” ]Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia[/blockquote]

gatuxo3

Gatuxo vai dirixido a dous públicos moi diferenciados, aínda que acudirán xuntos ao espectáculo: as crianzas, ás que vai dirixida a parte mais sensorial e orgánica do espectáculo, e os seus pais/nais, que recoñecerán a evolución de Gatuxo na dos seus propios fillos.

[blockquote indent=”yes” ]Gatuxo é a semente da arte mesma[/blockquote]

Escoitase o latexo dun corazón, a ritmo de tambor, que provén dunha gran caixa branca que se atopa no centro do espazo escénico. Asoma un pé envolto nun calcetín e por outro lado vese unha man. Por riba aparece a cabeza, primeiro con timidez, e logo con curiosidade:

[blockquote indent=”yes” ]-Cucú!, a crianza sae da caixa cunha inxenuidade absoluta e un desexo enorme por coñecer[/blockquote]

Fora todo semella un gran lenzo branco para debuxar. A partires do xogo é como a crianza se coñece a si mesma e todo o que a rodea. Comeza a brincar coa caixa, que se converte no seu mellor xoguete: transformarase nunha casa, nunha cociña, nunha avioneta, nunha cara co seu primeiro sorriso, nun armario cheo de pezas grandes de roupa, nun parque no que xogar cos amigos… En cada un dos espazos recreados representase a evolución do bebé, reflectida nas súas rutinas diarias. Grandes aventuras lle agardan: aprender a comer só, descubrir a risa, comezar a gatear, emitir os primeiros son e verbas, xogar, dar os primeiros pasos, bailar.

 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

  • Dirixido a: bebés de 1 a 5  anos
  • Duración:  30 minutos

Escribe un comentario