FIOT Carballo 2014

O Festival Internacional Outono de TeatroFIOT Carballo celébrase durante este mes de outubro con actividades paralelas para os máis pequenos.

O FIOTIÑO: O soño dunha noite de outuno

Unha actividade dirixida aos máis pequenos e que lles ofrece a oportunidade de coñecer os secretos do teatro nun horario moi especial: durante a  noite. Os nenos e nenas serán os protagonistas dun divertido percorrido pola historia do teatro, coas obras de Shakespeare, debido á celebración do 450 aniversario do seu  nacemento.  A cea, a noite nos sacos de durmir no teatro e o almorzo da mañá seguinte, formarán parte desta aventura chea de xogos, sorpresas e moito teatro.

  • Dirixido a: nenos de 6 a 12 anos
  • Datas: 1ª quenda – 4 de outubro | 2ª quenda – 11 de outubro | de 19 horas do venres a 11 horas do sábado
  • Inscrición: 20€ (terán preferencia os socios da A.C. Telón e Aparte)
  • Pazo da Cultura de Carballo Como chegar

 


 

Animación de rúa – Velocíclopes

Cabezudos motorizados de aparencia ambigua manipulados por personaxes clownescas realizan un espectáculo conformado por varios sketchs: O propietario, Ser ou non ser e Os bos modais.  Cunha linguaxe plástica surrealista, farán que nos atopemos perante un espectáculo sorprendente, áxil e de grande interrelación co público amosando o absurdo do comportamento humano en situacións propias da vida cotiá.

  • 12 de outubro | 12.30 horas

 

Teatro de rúa – Malabreikers

Beto, inocente e con gran enerxía e habilidade circense e Tornillo, o que manda, deslumbrarannos co seu nivel acrobático, malabares incríbles ou un monociclo xigante que complementan un traballo fundamental, a comedia. Arroupados por unha selección de música de discoteca, estes dous personaxes están dispostos a facernos “flipar”. Dous tipos duros que pronto amosarán a súa tenrura. Teatro, circo e humor en doses moi precisas cun só obxectivo: facernos pasar un gran rato.

  • 25 de outubro | 12.30 horas

 

Podedes seguir toda a programación dos diferentes espectáculos do festival a través da web: www.fiot.org.

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.