Festivalín na Barrié de Vigo

A Fundación Barrié de Vigo convértese entre o 1 e o 13 de outubro nun espazo de interacción entre pais e nenos. É Festivalín: un proxecto pioneiro que nace coa intención de difundir a arte e a cultura contemporánea, educar a través do seu coñecemento e traballar un espírito crítico dende o lúdico e para el presenta propostas musicais, artísticas e escénicas.

Ciclo de cine infantil | de martes a xoves 18.30 horas

Este ciclo de cine permitiranos visionar durante a primeira semana 3 propostas de cine para público infantil. A segunda semana proxectaranse documentais acerca de proxectos educativos vinculados tamén ao ámbito infantil.

Danza: Lalolabaila | 4 de outubro | de 19 a 20.30 horas | *mayores de 3 anos

Espectáculo de danza participativo, onde os nenos son os protagonistas. Músicas do Leste europeo ou medio-oriental, conducen cada acción.

Katembe project. Taller de fusión de culturas | 5 de outubro |19 e 20.30 horas | *mayores de 4 anos

Dende o país angolano chegan Katembe project para propoñernos unha fascinante viaxe que nos achegará a través da súa música, o kuduro, a outras culturas como é neste caso a africana.

María Rodés. Taller de creación musical | 11 de outubro | 19 e 20.30 horas | *mayores de 6 anos

Esta cantante barcelonesa creará cos nenos o que será a canción oficial do festival, ao mesmo tempo que gozarán con ela das súas coidadas composicións, que a fan unha das cantantes do momento no pop-folk nacional.

Maga Kids. Concerto Pop-rock didáctico para nenos | 12 de outubro 20 horas -13 de outubro 12 horas | *mayores de 4 anos

Un espectáculo de Maga dirixido ao público infantil (dende os 4 anos a ¡100! ). Un concerto ao uso de Maga que conta para a ocasión a presenza dunha narradora que interactuar co grupo e cos nenos para explicarlles como se compón unha canción.

Narración oral: Conto contigo | 13 de outubro | de 16 a 17 horas

Celso Fernández Sanmartín conducirá este espazo de narración e contos no que a través da memoria oral nos achegará aos valores que Festivalín nos quere transmitir.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Talleres

Taller El home e a súa representación | 4 de outubro | de 16 a 18.30 horas | * de 0 a 99 anos | é necesario reservar praza (aquí)

Os participantes abordarán como ao longo da historia o home foi creando e xerando diferentes representacións de si mesmo. A intención é diferenciar entre “realidade” e “representación” e tomar conciencia da necesidade de comprender as imaxes que nos rodean…

Taller Inicio-impacto | 6 de outubro 11 h -11 de outubro 17 h -12 de outubro 17 h | * de 0 a 99 anos | é necesario reservar praza (aquí)

Neste taller os participantes traballarán sobre a orixe do universo, a idea do Big Bang como motor de explosión de ideas, coa intención de encontrar detonantes que nos lancen á busca de novas posibilidades e a súa materialización.

Taller Ohome e a terra | 3 de outubro 18.30 h -5 de outubro 18.30 h | * de 0 a 99 anos | é necesario reservar praza (aquí)

Neste taller os participantes reflexionarán sobre como o home se relacionou coa terra, como a entendeu, habitado, explotado, como a pretendeu dominar, como esta reacciona…

Taller O home e o futuro | 6 de outubro 17 h -10 de outubro 17 h -12 de outubro | * de 0 a 99 anos | é necesario reservar praza (aquí)

Neste taller os participantes tomarán conciencia de que futuro é “a posibilidade”, é atreverte a facer sen receitas establecidas, é un exercicio de liberdade e responsabilidade.

Guillamino. Taller de Dj creativo | 5 de outubro 20 h -6 de outubro 11.30 h | *mayores de 4 anos

Guillamino, recoñecido Dj da escena musical barcelonesa, ofrécenos como dar o primeiro paso para que os nenos descubran como crear música electrónica en tempo real, dende o primeiro beat ata a peza muscial rematada.

Cantos do xen | 5 de outubro 20 horas

Espectáculo baseado na tradición, na terra pero tamén na identidade, o fogar e a familia. David Salvado e Aitana Eanes tráennos cantos de berce, de andar…Fálannos do de sempre pero nunha linguaxe contemporánea.

Taller A casa ideal imaxinada | 4 de outubro 18.30 horas | *maiores de 4 anos (os nenos menores de 6 anos deberán ir acompañados dun adulto ) | é necesario reservar praza (aquí)

Neste taller daráselles aos participantes as ferramentas necesarias para conseguir xerar hábitos ecolóxicos e boas prácticas no fogar, reflexionando sobre a importancia de non facer usos innecesarios de auga e enerxía, motivándote para axudar ao planeta reciclando e facendo un consumo responsable.

Taller A cidade inventada | 11 de outubro 18.30 horas | * de 0 a 99 anos | é necesario reservar praza (aquí)

É un taller onde se fomentará que pensemos na importancia dunha sociedade sensible e respectuosa co medio, involucrada en conseguir o benestar común para organizar e estruturar a cidade.

De picnic na Barrié | 6 de outubro 14 horas -13 de outubro 14 horas | * de 0 a 99 anos

Guiados polo cociñeiro Brais Gómez Mariño, esta novidosa proposta ofreceranos unha visión actual e revisada acerca das vantaxes que uns bos hábitos alimentarios nos pode xerar, ademais de poñer en valor os produtos e materias primas que dispoñemos, centrándose principalmente na agricultura ecolóxica.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

*Todas as actividades son de entrada gratuíta, algunhas requiren reserva previa.

*Ademais tamén haberá visitas e talleres para escolares. Podedes ver toda a información na web de Festivalín.

Fundación Barrié de la Maza en Vigo Como chegar

 

 

Escribe un comentario