Festival Marea Alta na Coruña

O Festival Marea Alta é un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar que celebra este setembro a súa primeira edición na cidade da Coruña. É un encontro arredor do mundo mariño que quere celebrar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindible. Ademais, procura concienciar a institucións, empresas e cidadanía da necesidade da preservación do ecosistema mariño para garantir a súa sostibilidade. 

Haberá propostas para todos os públicos, pero destacamos estes obradoiros impartidos polos artistas surfeiros de Skeleton Sea nos que a partir de residuos faredes creacións en familia! 

Un regalo do mar: preservando os océanos en familia

Todas as cousas teñen unha segunda vida, incluso os residuos que con demasiada frecuencia atopamos nas praias. E, aínda que pareza imposible, moitos deles agochan un gran potencial. Despois de facer un percorrido pola exposición, João Parrinha e Xandi Kreuzeder, os artistas de Skeleton Sea, impartirán un obradoiro de creación a partir de residuos atopados nas praias. Unha actividade lúdica, creativa e, sobre todo, un exercizo de concienciación para aprender en familia o valor da reciclaxe e sensibilizarnos acerca da necesidade de librar de lixos os nosos mares.

  • 19 de setembro | de 18 a 20 horas
  • 20 de setembro | de 12 a 14 horas – de 17 a 19 horas – de 19 a 21 horas
  • 21 de setembro | de 12 a 14 horas – de 18 a 20 horas
  • Sala de exposiciones Palexco Como chegar
  • Gratuito
¡Compártelo!
Artículo anteriorFestival Marea Alta
Artículo siguienteFóruMáxico

Escribe un comentario