Festival do Estío en Vilagarcía

Praia, verán, música e xogos! É o que vos espera na Praia da Concha de  Vilagarcía de Arousa este sábado 16 de xullo. O Festival do Estío é unha festa de celebración do verán destinada aos nenos e ás familias. Durante toda a xornada poderedes gozar dos xogos con A Casa dos Xogos e Xogos Paporrubio, ademáis de concertos:

  • 12.30 horas | Paco Nogueiras
  • 17.30 horas | Oviravai
  • 18.30 horas | A Gramola Gominola
  • 19.30 horas | Sons Miúdos

 

A casa dos xogos
A casa dos xogos é unha ludoteca itinerante chea de vida, diversión e aprendizaxe, foi creada co fin de dar a coñecer
os xogos de taboleiro, billares tradicionais e xogos pedagóxicos novos cuxas orixes se sitúan en distintos países,
culturas e épocas.
Esta ludoteca ambulante preséntase como un gran espazo repartido por áreas de xogo onde os participantes poderán
experimentar unha amplísima compilación de xogos tradicionais chegados dos cinco continentes, así como unha
presentación de xogos de creación propia dos construtores e impulsores do proxecto, Cedric Bouchard e Xurxo
Guzmán

 

Xogos Paporrubio
“Os xogos do Paporrubio” é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes…

 

 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.