Festival de Teatro Infantil Los Rosales 2014

Comeza o VIII Festival de Teatro Infantil Los Rosales que cada Nadal organiza a sala Teatro del Andamio. Estas son as funcións:

La Verdadera Historia de la Cigarra y la Hormiga 

¿Quen non coñece a historia da Cigarra e a Formiga? A fábula de sempre, a da cigarra vaga e a formiga traballadora. Pero hoxe imos a contarlles “A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga” a que empezou unha noite de tormenta que cambia todo… a que nos descobre a cara descoñecida dos personaxes, onde a música e as cancións transforman o primeiro enfrontamento nunha bonita amizade. Un mundo de música e poesía que acurtará a brecha entre o “querer” e o “deber”.

  • Dirixido a: nenos de 3 a 9 anos
  • 26 de decembro | 18 horas

La Verdadera Historia de los Tres Cerditos y el Lobo feroz 

Espectáculo de actores e obxetos que narra a verdadeira historia dos tres porquiños… mellor dito, dos dous porquiños e a súa irmá, una porquiña moderna, intelixente e loitadora. Unha visión actual que defende dous principios fundamentais: a igualdade e a solidaridade.

  • Dirixido a: nenos de 3 a 9 anos
  • 27 de decembro | 18 horas

Caperucita en un Desván 

Flora é unah actriz que conta os contos de sempre, pero dun xeito moi especial. Hoxe toca “Caperucita”… estade moi atentos porque neste desván Flora encontrará todo o que necesita.

  • Dirixido a: nenos de 3 a 9 anos
  • 28 de decembro | 18 horas

Miauu…

Lola é unha nena, que como moitas outras, cando a súa nai marcha traballar, queda soa. Lola rí, xoga soa, xoga con Gonza, o seu boneco amigo e con Nemo… pero máis que nada xoga con Valen, irmá que aínda non naceu… pero que xa está aquí. De súpeto soa o reloxo e todo cambia ata que chega seu avó e a leva ó parque.

  • Dirixido a: nenos de 1 a 3 anos
  • 29 de decembro | 18 horas

 


Mis dedos tocan los días que pasan con Quiquilimon 

Cóntannos o transcurso dun día na vida cotiá dun neno. Poema dramático para dous intérpretes, adéntrase na percepción do neno e de cómo éste aprehende a realidade a través do seu cuerpo. Partiendo dsta premisa, buscan encontrar a súa particular visión e a súa forma non lineal de pensamento. Dende un aspecto poético, adentrámonos na súa realidade, que constrúe a través do seu corpo e a súa particular forma de percibir.

  •  Dirixido a: nenos de 2 a 7 anos
  • 30 de decembro | 12.30 horas

 


 

  • Entradas: 5€
  • Sala Teatro del Andamio na Coruña Como chegar

Escribe un comentario