Festicor na Coruña

Os días 20 e 21 de xuño o ceo da Coruña encheráse de cores nunha nova edición do Festicor. No entorno da Torre de Hércules haberá espectáculos de voo sincronizado de papaventos, talleres para toda a familia, intervencións artísticas como os xardíns de vento e espectáculos circenses relacionados co aire e co vento.

Durante a noite o festival trasladaráse ao centro da cidade e encherá o paseo do Parrote coas pompas xigantes de Pomper, as acrobacias de Kanbahiota e o espectáculo de voo sincronizado de papaventos de varios equipos ao ritmo da música en directo da Banda das Crechas.

20 de xuño | Torre de Hércules

  • 11 horas |Apertura do festival coa subida de cometas xigantes e presentación do Festicor co actor Pedro Fernández e o cometista Ricardo Bueno
  • 11 horas | Obradoiros abertos ao público e intervencións artísticas
  • 11.30 horas | Espectáculos de voo sincronizado de cometas
  • 13 horas | Espectáculo de Circo aéreo coa compañía Kanbahiota e espectáculo Enamorado del Aire (espectáculo infantil de circo)
  • De 16 a 19.30 horas | Obradoiros, voo de papaventos e intervencións artísticas
  • 21.30 horas | Noite Festicor | Paseo do Parrote
    • 21.30 a 22 horas | Espectáculo de circo aéreo: La Coquette (Madrid)
    • 22.25 a 22.55 horas | Espectáculo de pompas de xabrón xigantes: Pomper
    • 23 a 00.15 horas |  Espectáculo de voo sincronizado de cometas con música en directo: A Banda das Crechas 

21 de xuño | Torre de Hércules

  • 11 horas | Apertura do festival coa subida de cometas xigantes. Presentación do festival a cargo do cometista Ricardo Bueno e do actor Pedro Fernández. Apertura de espazo de voo para profesionais e público afeccionado ás cometas
  • 11 horas | Actividades complementarias. Obradoiros abertos ao público e intervencións artísticas
  • 11.30 horas | Espectáculos dirixidos de voo sincronizado de cometas
  • 13 horas | Espectáculo de Circo aéreo (Inglaterra-Galicia) con Desastronauts:  Un tonto no aire
  • 16 horas | Apertura dos obradoiros e intervencións artísticas
  • 19 horas | Espectáculo de circo aéreo (Inglaterra-Galicia) con Desastronauts: Un tonto no aire

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.