Festas e actividades en Vilalba

As Festas de San Ramón e Santa María xa comezaron en Vilalba cun amplo programa de actividades para os máis pequenos: xogos, obradoiros, maxia, contacontos…

 

25 de agosto | 1º día Infantil | Praza da Constitución

  • De 16 a 21 horas | Parque infantil: zona infantil de 1 a 4 anos con multiocio, selva, laberinto, globo escultura — zona de 5 a 9 anos con aventuras, Bob Esponja, táboa de surf, tobogáns — zona de 10 a 14 anos con cars, futbolín humano, rocódromo

26 de agosto | 2º día Infantil | Praza da Constitución

  • De 16 a 21 horas | Parque infantil: zona infantil de 1 a 4 anos con multiocio, selva, laberinto, globo escultura — zona de 5 a 9 anos con aventuras, Bob Esponja, táboa de surf, tobogáns — zona de 10 a 14 anos con cars, futbolín humano, rocódromo
  • 18 horas | XXII Simultáneas de Xadrez | Praza da Constitución (se chove no Centro da Xuventude). As partidas estarán abertas a participación do público sen límite de idade; todos os participantes recibirán un agasallo.

27 de agosto

  • 18 horas | FADOS: Os sons do vento que pasa do programa FalaRedes | Praza de Santa María
  • 17 horas | Espazo de xogo libre | Praza da Constitución
  • 19 horas | A Tropa de Trapo co espectáculo Antía, Wamba e o regato pequeno
  • 22 horas | Concerto: Fred Martins e Pedro Pascual

28 de agosto

  • 12 horas | Creacións máxicas Lirolai. 1º Festival de Maxia de Cerca. Durante todo o día teremos distintas actuacións de máxia por cafeterias, terrazas e rúa, e a partir das 18 horas, no interior do magovil que estará situado na Praza da Constitución, con entrada de balde
  • De 17 a 19 horas | Tarde de zumba con Fina Seco (Ximnasio Jansu)

29 Agosto

  • 19.30 horas | XXI Festa da Bicicleta. Encontro coa Bici e os Patíns na Praza da Constitución. Farase un percorrido polas rúas de Vilalba coa saída e chegada na Praza da Constitución. * A inscrición pode facerse no Centro da Xuventude ou chamando ao telégono 982 510 610 ata o 29 de agosto

 2 de setembro

  • 11 horas | Gymcana de Xogos Tradicionais *de 6 a 12 anos | Praza da Constitución

3 de setembro

  • 19 horas | Contacontos: Contos de lobo con Teatro dos Ghazafhelos
  • 21.30 horas | Cine ao airel libre

5 de setembro

  • 10 horas | Actividades acuáticas de lecer | Praia fluvial da Magdalena

 

** Aquí tan só destacamos as actividades dirixidas ao público infantil, podedes ver todo o programa na web vilalba.org.