Feira Franca en Betanzos

Betanzos rememora un ano máis a súa historia coa celebración da Feira Franca Medieval. Son tres días de música, representacións da historia e mercado para recordar a creación da cidade.

11 de xullo

  • 18 horas | Os artesáns abren as paradas ateigadas de mercadorías para ofrecer o mellor das súas terras
  • 18 horas | Pasarrúas de música, cómicos, malabares, magos e contacontos
  • 18 horas | RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino
  • 20.30 horas | Aldrabada e repenique de campás
  • 21 horas | O señor de Andrade honra a todos os seus vasalos coa chegada a esta Real Cidade e solicitarlle ao ilustrísimo señor rexedor a apertura da FEIRA FRANCA. Danza campesiña coa colaboración da escola de danza DANZARTE
  • Lectura do pregón co xornalista do diario La Voz de Galicia, Toni Silva
  • 23 horas | Representación do incendio da Cidade do século XVI | Rúa Travesa
  • 23.45 horas | Espectáculo Galicia Terra Meiga co grupo Troula Animación | Praza da Constitución

12 de xullo

  • 11 horas | Repenique de campás e apertura das paradas
  • 11 horas | Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita
  • 11.30 horas | Pasarrúas de música, cómicos, malabares, magos e contacontos, o grupo de teatro La Recua e Os Quinquilláns co espectáculo A Traizón
  • 13.30 horas | Representación da chegada dos mouros ao mando de Yussuf Hammar para esixir á Cidade de Betanzos as doncelas que ten que entregar ao califa de Córdoba | Praza da Constitución
  • 17 horas | Apertura das paradas
  • 17.30 horas | Pasarrúas de música, cómicos, malabares, magos e contacontos, o grupo de teatro La Recua e Os Quinquilláns
  • 18 horas | RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino
  • 19 horas | Actuación do grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e baile campesiño das mozas
  • 00.00 horas | Aquelarre co grupo La Recua | Praza da Constitución

13 de xullo

  • 11 horas | Repenique de campás e apertura das paradas
  • 11 horas | Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita
  • 11.30 horas | Pasarrúas de música, cómicos, malabares, magos e contacontos e o grupo de teatro La Recua
  • 12 horas | Xogos populares e tradicionais para nenos e nenas coa Cruz Vermella de Betanzos | Praza da Constitución
  • 13.30 horas | Escena da expulsión dos leprosos
  • 17 horas | Apertura das paradas
  • 17.30 horas Pasarrúas de música, cómicos, malabares, magos e contacontos e o grupo de teatro La Recua
  • 18 horas | Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita
  • 19.30 horas | Torneo Medieval a cabalo na Praza dos Irmáns García Naveira con exhibición dos cabaleiros ademais de cetraría. Espectáculo de baile campesiño das mozas
  • 23 horas | Espectáculo de teatro de La Recua
  • 00.00 horas | Fogos artificiais no peche da XVI Feira Franca Medieval de Betanzos

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.