Feira do Libro de Pontevedra 2015

Do 14 ao 19 de abril celébrase en Pontevedra a Feira do Libro con actividades tanto para pequenos coma para maiores arredor dos libros.

 

14 de abril

  • 19 horas | Inauguración da feira: actuación de Os Alegres. Pregón de Xosé Fernando Filgueira Iglesias, presidente da Fundación Filgueira Valverde

15 de abril

  • 10 horas | Animación á lectura pola Biblioteca Pública de Pontevedra, con alumnos do CEIP Manuel Vidal Portela
  • 18 horas | Contacontos de Miguel Ángel Alonso arredor dos libros de Nova Galicia
  • 18.45 horas | Lectura pública de libros de Fina Casalderrey e sinatura de libros
  • 20 horas | Manuel Portas presenta o seu libro Amor en alpargatas, Edicións Xerais. Acompáñano Susana Pedreira e Manuel Bragado

16 de abril

  • 11 horas | Animación á lectura pola Biblioteca Pública de Pontevedra con alumnos do Colexio Froebel
  • 18 horas | Obradoiro “Elaboración de gominolas naturais” realizado por Carmen Freire
  • 19 horas | Presentación e lectura do libro infantil La verdadera historia del lobo de Jimena Manzano Moltó
  • 19 horas | Manuel Lorenzo González asinará na caseta da Libraría Paz
  • 20 horas | Elena Gallego Abad presenta Dragal IV. A estirpe do Dragón de Edicións Xerais. Participarán Manuel Bragado e Julio Casal

17 de abril

  • 17.30 horas | Contacontos/obradoiro de debuxo por Polo Correo do Vento, organizada pola Biblioteca Pública de Pontevedra
  • 18.30 horas | Actividade de animación lectora da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Contacontos e minitaller de linguaxe de signos
  • 19 horas | Xesús Constela asinará na caseta da Libraría Paz
  • 20 horas | María López Sandez presenta O faro escuro, de Editorial Galaxia. Participarán Xosé Monteagudo e Carlos Lema

18 de abril

  • 12 horas | Actividade infantil Tí es o mago, obradoiro de Maxia realizado por Rivel animación
  • 12.30 horas | Mariano Fisac asinará na caseta da Libraría Paz
  • 18 horas | Presentación de Historia de Galicia, de David Pérez López, por Editorial Cumio. Participará Cándido Meixide
  • 18 horas | Pablo Núñez asinará exemplares de Las hijas del César, por Hércules de Ediciones en Libraría Paz, ás 19h en Libraría Cartabón e ás 20h en Libraría Pedreira
  • 19 horas | Sonia Mirón asinará o seu libro Si tú quieres, por Círculo Rojo en Secretaría
  • 19 horas | Presentación do libro Os ratos da casa, de Xosé Manuel González “Oli”e ilustracións de Natalia Colombo, por Kalandraka. Sinatura de exemplares
  • 20 horas | Contextualizando a Filgueira Valverde. Documental e coloquio por Gonzalo Veloso e Francisco Castro. Editorial Galaxia

19 de abril

  • 12 horas | Nueva propuesta para el desarrollo integral de la persona, de Antonio Piñeiro
  • 13 horas | Recital poético narrativo con a participación de Teresa Cameselle, Lydia Leyte, María Lado e Mariña Pérez Rei
  • 18 horas | Contos Susurrados, actividade infantil por Fátima Fernández
  • 19 horas | Mariña Bermúdez Beloso presenta a Juan Pablo Rodríguez e Los Manuscritos de París, por Editorial Tauro

 

PASEO DE ODRIOZOLA – Plaza da Ferrería en Pontevedra Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.