Feira do Libro de Pontevedra 2014

Estes días celébrase en Pontevedra unha nova edición da Feira do Libro. Presentacións, contacontos, maxia e actividades encherán o Paseo de Odriozola.

6 de maio

  • 18 horas | Presenza na feira do libro do Club de Lectura en Galego da Biblioteca Pública de Pontevedra
  • 18 horas |  Presentación do libro Apocalipse Z de Manuel Loureiro
  • 19 horas | O escritor Manel Loureiro asina na caseta da Libraría Paz
  • 19.30 horas | Inauguración. Pregón inaugural a cargo de MD Trío
  • 20.30 horas | Crímenes y sexo en el Madrid de Carlos III. La Cibeles: mitos y realidades: Charla coloquio a cargo de José de Cora, director xeral do grupo El Progreso . Tamén participa no acto o xornalista Pedro Antonio Pérez Santiago, director de Diario de Pontevedra.

7 de maio

  • 11 horas | Visita á feira dos nenos do Colexio Inmaculada de Marín. Tribiblioteca: actividade infantil na carpa de actividades da Feira
  • 18 horas | O soño de Ester. Contacontos con Miguel Ángel Alonso Diz
  • 19 horas | Presentación dramatizada do libro Historias extrañas del Valle del Salnés, do escritor Alejandro Gueanella
  • 19 horas | A escritora Elvira Riveiro asinará na caseta da Libraría Paz
  • 20 horas | Presentación do libro Sete caveiras, da escritora Elena Gallego Abad
  • 20 horas | O escritor Alexander Vórtice asinará na caseta de Libraría Paz

8 de maio

  • 11 horas | Visita á feira dos nenos do CEIP Álvarez Limeses. Haberá unha actividade infantil na carpa de actividades da Feira: A Cebra Camila
  • 18 horas | Obradoiro de escritura no método Braille na caseta de secretaría
  • 19 horas | A maxia na feira do libro. Actuación do Mago David co seu espectáculo Maxia de aquí e de acolá
  • 19 horas | O escritor Manuel Pérez Lourido asinará na caseta da Libraría Paz
  • 20 horas | Presentación do libro O sangue dos camiños de Ramón Caride

9 de maio

  • 11 horas | Visita á feira dos nenos do CEIP Álvarez Limeses. Haberá unha actividade infantil na carpa de actividades da Feira: A Cebra Camila
  • 18 horas | Contos nas orellas. Contacontos con Beatriz Campos
  • 19 horas | O escritor Borja Caamaño asinará na caseta da Libraría D-Lectum
  • 19 horas | A escritora Fina Casalderrey asinará na caseta de Libraría Seijas
  • 19 horas | O debuxante Luis Dávila asinará na caseta da Libraría Paz
  • 19.30 horas | CEF o poeta da vida na Feira do Libro de Pontevedra. Presentación do documental sobre Celso Emilio Ferreiro e coloquio. Participan no acto Luís Ferreiro, Plácido Romero e Aser Álvarez, director do documental
  • 20 horas | A escritora Anxos Sumai asinará na caseta da Libraría Paz
  • 20.30 horas | Actuación da Coral Cidade de Vigo da ONCE

10 de maio

  • 12 horas | Presentación Purgatorio de Borja Caamaño
  • 12 horas | Os escritores Ricardo Grobas (Illas atlánticas de Galicia) e Isabel Blanco (Los mundos ajenos) asinarán na caseta de Libraría Cronopios
  • 13 horas | Obradoiro de iniciación artística con Taller Abierto – Gestión Cultural de Pontevedra
  • 18 horas | Un encontro coas crianzas arredor do libro Volvo. O regreso de Uxa de María Reimóndez. A escritora estará acompañada polo ilustrador do libro Iván Sende
  • 19 horas | Presentación do libro Tambo, Víctor A. Castro e Laura García Ferro, acompañada dunha actuación musical a cargo de Montse Ogando
  • 19 horas | O escritor Juan de Sola asinará na caseta da Libraría Paz
  • 19.30 horas | O escritor Pedro Feijoo asinará na caseta da Libraría D-Lectum
  • 20 horas | O escritor e xornalista Pemón Bouza presenta o seu libro A voz do vento

11 de maio

  • 12 horas | A escritora Loli Beloso asinará na caseta da Libraría Paz
  • 13 horas | O debuxante Kiko Dasilva asinará na caseta da Libraría Paz
  • 13 horas | Obradoiro de produción musical realizado por García Mc
  • 18 horas | Actuación de MD Trío coas cancións e música do libro Cantos animais de Susa Herrera
  • 19 horas | O escritor Manuel Loureiro asinará na caseta da libraría D-Lectum
  • 19 horas | Susa Herrera asinará na caseta de Librería Seijas
  • 20 horas | Humor na feira. César de Fina e outros naufraxios. Divertido monólogo a cargo do actor e autor Lois Pérez

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

*As casetas permanecerán abertas de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas durante a semana e de 11 a 14.30 horas e de 17 a 21.30 horas a fin de semana.

PASEO DE ODRIOZOLA en Pontevedra Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.