Feira do Libro de Ourense

A Alameda de Ourense acolle esta semana unha nova edición da Feira do Libro con numerosas actividades para pequenos e maiores.

3 de xuño

  • 12 horas | Obradoiro sobre como aproveitar plantas silvestres, aromáticas ou medicinais impartido por Carmen Cidre
  • 18.30 horas | Actividade infantil. Contando coas imaxes. Espectáculo de narración e ilustración realizado por Noemí López
  • 19.30 horas | Actuación do Grupo Gomes Mouro da AOMT (Asociación Ourensá de Música Tradicional)
  • 20 horas | Inauguración. Pregón da escritora Yolanda Castaño
  • 21 horas | Recital e coloquio arredor do libro A segunda lingua da escritora Yolanda Castaño

4 de xuño

  • 18.30 horas | Pura palabra. Actividade infantil para nenos de 1 a 3 anos, organizada pola Biblioteca Pública de Ourense con Soledad Felloza
  • 19.30 horas | Presentación do libro O estilo de Gina do escritor Miguel Anxo Fernández
  • 19.30 horas | O escritor Borja S. Caamaño asinará o seu libro Purgatorio publicado pola editorial Alunia
  • 20.30 horas | Presentación do libro Peinador do escritor Rubén Martínez Alonso

5 de xuño

  • 18 horas | Obradoiro de lectura co sistema Braille organizado pola ONCE
  • 18.30 horas | Presentación dos traballos de investigación realizados por alumnos en aulas de Tecnópole, acompañados de Ceo Aberto
  • 19 horas | A escritora Elena Gallego Abad asinará exemplares da súa novela Sete caveiras e do resto da súa obra
  • 19.30 horas | Proxección do vídeo Capitán Gardador realizado polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense
  • 20.30 horas | O escritor Fernando Méndez presenta o seu libro Cuatro esquinitas tiene mi cama

6 de xuño

  • 12 horas | Taller de planificación dun horto ecolóxico con esquemas reais impartido por Carmen Cidre
  • 19 horas | Charla coloquio de Xoán Doldán e Afonso Fernández sobre o libro Guía para o descenso enerxético
  • 19 horas | A escritora Laura Aneiros asinará na caseta da Libraría Nobel Internacional
  • 20 horas | Presentación do libro Um pouco acima da miseria de Amadeu Baptista
  • 20 horas | O escritor e xornalista Pemón Bouzas asinará exemplares da súa novela A voz do vento e do resto da súa obra
  • 21 horas | Presentación do libro O sol do pasado de Jorge Emilio Bóveda

7 de xuño

  • 12.30 horas | Obradoiro de produción musical impartido por Mou
  • 18.30 horas | A maleta da avoa. Actividade infantil para nenos de 3 anos en adiante con Raquel Queizás
  • 19.30 horas | Presentación do libro disco Brinca vai! de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka
  • 20.30 horas | A maxia na feira do libro. Actuación do Mago Toño co seu espectáculo Gravidade cero

8 de xuño

  • 12.30 horas | Actividade infantil. Unha pinga de mel. Espectáculo de monicreques para traballar a concienciación ambiental cun pequeno obradoiro sobre o mundo das abellas realizado por As Garabullo
  • 18.30 horas | O soño de Esther. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz
  • 19.30 horas | Presentación do libro Como ser reintegracionista sen que a familia saiba do escritor Eduardo Sánches Maragoto
  • 20.30 horas |  Humor na feira do libro. As palabras ben ditas, monólogo do humorista Lois Pérez.

 

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Alameda de Ourense Como chegar

Horario: de 11 a 14h e de 18 a 22h