Feira da Primavera no Barrio de San Pedro

Este domingo celébrase no barrio de San Pedro en Santiago a Feira da Primavera. Un cita xa tradicional neste barrio compostelán que enche de vida e cores as súas rúas e prazas. Este é o programa para pasar unha xornada divertida en familia, o vindeiro 30 de abril:

  • 11 horas | Alborada con Habelas Hainas e Cuarteto de A Gentalha | Rúas do barrio
  • 12 horas | Espazo de xogos tradicionais | Praza 8 de Marzo
  • 12 horas | Visita guiada ao Museo do Pobo Galego
  • 12 horas | Saída do maio dende o fondo de Concheiros ata a Praza 8 de Marzo
  • 13 horas | Milonga aberta con Espazo Aberto | Praciña da Igrexa
  • 14 horas | Sesión Vermú-Regueifa con Alba María e Benito Lobariñas + picadiscos | Praza Torreiro
  • 16.30 horas | Pasarrúas | Concheiros e Rúa de San Pedro
  • 16.30 horas | Espazo de xogos tradicionais | Praza 8 de Marzo
  • 18 horas | Sesión Mirinda para a rapazada con Cé Orquestra Pantasma | Praza 8 de Marzo
  • 19 horas | Circo familiar. Pablo Trasno co espectáculo Trasno | Final Concheiros
  • 20 horas | Gran Foliada (podedes levar o voso instrumento) | Praza 8 de Marzo
  • 21 horas | Concerto con Luis Emilia Batallán e Mini e Mero || Entrega dos premios do Concurso de balcóns, ventás e escaparates | Praza Torreiro
  • **Todo o día | Carrusel Tradicional | Final Concheiros

 

 

 

 

Escribe un comentario