Familias exploradoras en Ourense

Este sábado poderedes participar en Ourense na xincana de orientación en familia: Familias exploradoras. Trátase dunha  actividade organizada pola asociación Sustinea, na que tanto maiores coma pequenos traballarán en equipo utilizando mapas, brúxulas e balizas… descubrindo os rastros ocultos da natureza.

É unha carreiras de orientación divertida, na que se fomentan valores como o compañeirismo, superación persoal, traballo en equipo, solidariedade, mellora a comunicación, e dado que se desenvolven no medio natural, o respecto pola natureza.

As actividades realízanse pola cidade de Ourense e terán unha duración aproximada de 4 horas. Os nenos recompilarán (coa axuda dos pais e das nais) restos da natureza do lugar, diferentes tipos de follas, piñas, froitos do bosque, restos de animais, peles… Aprendendo a identificar as especies vexetais e animais, estimulando nos nenos o pensamento creativo e a observación coid adosa.

  • Dirixido a: nenos e familias
  • Duración: 4 horas
  • 16 de xaneiro | de 10 a 14 horas
  • Prezo: 12€ adultos e 6€ nenos ata os 9 anos
  • Para facer a inscrición tedes que cubrir este formulario
  • Para máis información podedes escribir ao mail info@sustinea.org ou chamar ao teléfono 988 782 964
¡Compártelo!
Artículo anteriorRevista Alehop
Artículo siguienteTeatro en Santiago

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.