Falamos coa profe de A Camelia Música

Hoxe queremos presentarvos á profe de A Camelia Música, o novo centro de música e estimulación temperá que abriu as súas portas este mes de novembro en Vigo. Quixemos falar con María Jesús Martínez para que nos contase como son as clases e a importancia que ten a música para o desenvolvemento dos máis pequenos. Isto é o que nos contou…

 mjesus_martinez_camelia

[blockquote indent=”yes” ]Non debemos esquecer que a educación musical é recomendable xa dende a vida intrauterina, pois dende a semana 18 de xestación o neno xa está preparado para escoitar cancións[/blockquote]

 

  • Cóntanos… por que é importante a música para  os nenos?
  • A educación musical é importante nos nenos porque desenvolve a intelixencia, a sensibilidade, a coordinación, a capacidade de concentración, a capacidade de memorización, a autodisciplina, a autoestima… ademais está relacionada coas formas de expresión plástica, verbal, corporal, e a través da música trabállase a motivación nos nenos e nenas, e polo tanto axuda á formación integral do neno, tanto no cognitivo, afectivo, motor e social.

  • Que nos ofrece esta nova aula de música e estimulación temperá da Escola Infantil A Camelia?

  • A aula de música e de estimulación da Camelia ofrece talleres de música e estimulación temperá para todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 8 anos. No caso de música, os bebés poderán asistir acompañados polos seus papás. Os talleres de estimulación temperá están pensados para aqueles nenos que non van a ningunha escola infantil, e así os seus papás poidan acudir con eles tanto en horario de mañá como de tarde. Ofrecemos todos os servizos que ofrece a propia escola e os campamentos de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán… Pronto teremos talleres curtos, de 1 ou 2 horas a fin de semana.

  • Dende que idades se recomenda ir a estas clases?

  • Recomendamos vir aos talleres de música na Camelia a nenos e nenas dende os 3 meses en diante. Estes bebés virán acompañados polos seus papás, polo que ademais de todos os beneficios xa mencionados reforzarán o vínculo afectivo. A partir dos 2 anos os nenos xa poden asistir sen os seus papás, posto que xa mostran unha autonomía. Pero, non debemos esquecer que a educación musical é recomendable xa dende a vida intrauterina, pois dende a semana 18 de xestación o neno xa está preparado para escoitar cancións.

  • Qué aprenderán os nenos e cal é o método de ensinanza?

  • Os nenos aprenderán a: utilizar a atención e concentración para desenvolver a percepción auditiva, a sentir o corpo e recoñecelo en movemento, a descubrir o espazo que lles rodea a través de estímulos sonoros, as propiedades sonoras de determinados obxectos, a descubrir e experimentar o silencio, a adaptarse ao medio sonoro, a producir, recoñecer sons/ruídos, a recoñecer o seu esquema corporal, a desenvolver a coordinación motora, a comunicación, o gusto por escoitar música apropiada; a ampliar o vocabulario a través de cancións, expresar os seus afectos a través dos sons e o movemento… e todo dun xeito divertido no que gozarán moito. Para as miñas clases utilizo métodos como os bits sonoros, efecto Mozart, contos, canciones…No utilizo un só método, senón que fago uso de varios, así podemos beneficiarnos de todos eles. O máis importante é que eles son os protagonistas, os que experimentan, descobren, xogan…

  • Como é unha clase en A Camelia Música?

  • Son sesións de 45 minutos, nas que todos os días comezamos e rematamos coa mesma canción de saúdo e de despedida. Nestas sesións, despois de darnos a benvida traballamos temas específicos a través de instrumentos, cancións, xogos, contos, nos que eles realizan diferentes actividades aprendendo e experimentando novos conceptos.

  • ¿Que é o que vos diferencia doutras escolas de música?

  • Pois o primeiro que nos diferencia é que eu son educadora infantil ademais de ter unha titulación profesional oficial de música, co cal sei traballar con nenos especialmente dende estas idades temperás e coñezo o momento evolutivo no que se encontran. As instalacións que temos é outra das características que nos diferencian. A aula é moi ampla, a súa iluminación é totalmente natural, e todo está pensado para os pequenos. Dispoñemos por exemplo de cambiador de cueiro e de servizo de merendas, dun amplo xardín, do cal gozaremos cando o tempo o permita; e outra das características é a localización na que se encontra, nunha zona rodeada de natureza e con aparcadoiro para os nosos pais, que tamén é moi importante.

  • Por que recomendas aos pais asistir a A Camelia Música?

  • Recoméndolles que veñan a coñecernos, porque os seus fillos sairán moi beneficiados ademais de divertirse, porque é un moi bo investimento, porque teñen doado aparcadoiro, e o máis importante de todo porque este tipo de actividades é o mellor regalo que poden ter os fillos, sobriños, afillados, netos…y achegándonos ao Nadal é importante recordar á familia que este tipo de actividades poden ser unha boa opción.

 
 

Contámosvos máis sobre A Camelia Música AQUÍ

Podedes seguir á profe María José Martínez a través do seu BLOG.

 
 
 

Escribe un comentario