Faiponting en Pontevedra 2014

O vindeiro domingo día 5 de outubro celébrase en Pontevedra unha nova edición de Faiponting con actividades para todos os públicos no Pazo da Cultura – Illa do Covo. Un proxecto para dar a coñecer desde outra perspectiva o outro lado da cidade: o lado o río, o do deporte, o do lecer e tamén, o da cultura.

  • 11.30 e 17 horas | Visita guiada á exposición Diálogos na pintura | Sala de exposicións do Pazo da Cultura
  • 11.30 horas | Ne me quitte pas: espectáculo de manipulación de globos da compañía O Retrete de Dorian Gray | A Casiña
  • 11.30 horas | Obradoiro de construción e voo de papaventos empregando técnicas sinxelas | Ceo Acurtado
  • 12 e 17.30 horas | Roteiro en bici pola Illa guiado por Iciar Ezquieta | Rotonda da Ponte dos Tirantes – Rúa Alexandre Bóveda
  • 12 horas | Intervención do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia | Xaminorio Xunquemenes Abay
  • 12 e 17.30 horas | Ex compoñentes do Centro Coreográfico Galego. Voltas xeométricas, performance inspirada nos cadros da exposición Diálogos na pintura | Sala de exposicións do Pazo da Cultura
  • 12.30 e 18 horas | Danza: alumnos e alumnas de 8 a 11 anos da Escola de danza Deborah | Pasarela peonil de madeira
  • 13 horas | Intervención do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia | Os 36 xustos
  • 13 horas | Obradoiro baile. Para cantar e bailar aprendendo a bailar con Luis Prego | Pradeira ao carón do Campus
  • 13.30 horas | Ne me quitte pas: espectáculo de manipulación de globos da compañía O Retrete de Dorian Gray | A Casiña
  • 16.30 e 17.30 horas | Ne me quitte pas: espectáculo de manipulación de globos da compañía O Retrete de Dorian Gray | Labirinto
  • 17 horas | Xogos populares en familia. Percorrido de xogos populares pola Illa.
  • 17 horas | Obradoiro familiar: subliñando a liña. Cada participante pintará unha pedra para continuar a obra de Richard Long, unha das esculturas máis importante e descoñecida da Illa | Liña de Pontevedra
  • 17 horas | Concerto Orquestra Cámara Lira + Escola de Danza Deborah | Arboreda
  • 17.30 horas | Intervención do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia | Bancos de Pedra
  • 17.30 e 19 horas | Ópera para cans con dono. Victoria Álvarez Acón (soprano) e Miguel Abalo (barítono) | Os 36 Xustos
  • 18 horas | Banda deseñada: Cans con dono. Alumnos e alumnas do Garaxe Hermético farán tiras de banda deseñada dos cans cos seus donos | Os 36 Xustos
  • 18.30 horas |  Para cantar e bailar. Luis Prego e Banda Arrolán. Xogos cantados e bailados | Pradeira ao carón do Campus
  • 18.30 horas | Intervención do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia | Saavedra
  • 19 horas | Ex compoñentes do Centro Coreográfico Galego. Impro-danza, improvisación inspirada polo público da Illa, acompañándoos no seus percorridos
  • 19 horas | Gold & Colt Cuartet. Presentación do seu novo traballo | Xaminorio Xunquemenes Abay

 

Ao longo do día poderedes gozar do espectáculo Como bailan os papaventos, con exhibicións e coreografías de voo acrobático ao son da música por Imagina.
Ao longo da fin de semana haberá tamén mercado de arte.

*Podedes consultar o programa AQUÍ

Illa do Covo en Pontevedra Como chegar

Pazo da Cultura en Pontevedra Como chegar

 

Escribe un comentario