Estrea: A Nena Que Quería Navegar

Redrum Teatro estrea un espectáculo para toda a familia que loita contra o acoso escolar 

 

A Nena Que Quería Navegar é o novo espectáculo da compañía de teatro Redrum. Trátase dunha comedia familiar que busca previr situacións de acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima dos nenos e nenas.

Está protagonizada por Laura Míguez e Guillermo Carbajo e dirixida por Alex Sampayo sobre un texto da súa propia autoría compartida con Borja F. Caamaño.

 

 

A Nena é unha nena sen nome que farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atoparáse co Xeadeiro, un ser máxico evital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolverálle a autoestima perdida. Ensinarálle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos capaces de acadar todo o que nos propoñamos.

Unha das claves para previr o acoso escolar é traballar coa idea do reforzo positivo. Soamente un neno forte e cunha alta autoestima é quen de facer fronte ao acoso. A compañía Redrum quere que os pequenos espectadores saian fortalecidos despois de asistir á representación de A Nena que Quería Navegar e teñan ferramentas para prevelo.

 

          É un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que mesturamos varias disciplinas artísticas como o teatro de monicreques, o de obxectos, as proxeccións e a música en directo 

 

  • 23 de outubro | 12 horas | Auditorio Municipal de Ourense   ***Entradas: 3€ en Ataquilla
  • Próximas funcións:
    • 26 de novembro | LALÍN
    • 3 e 4 de decembro | SANTIAGO
    • 29 de decembro | CANGAS

 

Álbum ilustrado

Ademais do espectáculo poderedes disfrutar do libro A nena que quería navegar.

Aquí podedes mercalo.

anena_redrumteatroanena_redrumteatro2

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.