Espectáculos infantís no Teatro Colón

Os espectáculos teatrais e musicais para os máis pequenos regresan de novo ao Teatro Colón da Coruña.

Alegría. Palabra de Gloria Fuertes

Dona Pito Piturra e o señor Antropelli, traballadores do antigo Circo Cocodrilo, atópanse sobre un montón de libros usados. O seu circo desapareceu e só teñen libros, catro trebellos, moitos poemas na cabeza e público, é dicir, teñen o suficiente para crer que son Gloria Fuertes, facer todas aquelas cousas que os alegran, darnos a benvida ao circo perdido, ao circo imaxinado, interpretar á bruxa burbulla, facer todo o posible para que o vento ondee a única bandeira do mundo, nadar, cantar, bailar, agardar, non agardar, buscarse …

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • Duración: 60 minutos
  • 19 de outubro | 18 horas
  • Prezo: 8€

 

La Vuelta al Mundo de Gorakada Teatro 

Desde Gorakada realizan esta marabillosa viaxe ao igual que Phileas Fogg, que propón aos membros do Reform Club londiniense a aposta desatinada de dar a Volta ao Mundo en 80 días axudado polo seu criado. Desafían a Fogg e fano en 60 minutos. Contan con música en directo, actores, marionetas e unha escenografía a base de maletas para poder viaxar en ferrocarril, en barco ou elefante. Baseándose en La vuelta al mundo en 80 días de Julio Verne, crean esta fantástica aventura con bo humor, imaxinación e cancións en directo trasladando á escea o fascinante recorrido arredor do mundo.

  • Dirixido a:público infantil e familiar
  • Duración: 60 minutos
  • 9 de novembro | 18 horas
  • Prezo: 8€

O Gato con Botas

O Gato con Botas é un espectáculo que ten como base a estrea dunha partitura orixinal do compositor galego Rogelio Groba, no que se unen o Teatro Colón, a Orquestra de Cámara Galega, Theatron Teatro, Qatrogatos vídeo creación e CEGA audiovisuais. Unha súper produción para público infantil que une a herdanza da tradición oral, a música clásica e a vídeo creación. Manifestacións artísticas que van desde o máis clásico ás novas tendencias creativas.

  • Dirixido a:público infantil e familiar
  • Duración: 50 minutos
  • 21 de novembro | 19 horas
  • 22 de novembro | 12 horas
  • Prezo: 9-12€

 

TEATRO COLÓN na Coruña Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.