Espectáculos infantiles en Vigo

Este mes de maio os espectáculos infantís volven ao Auditorio do Concello de Vigo.

 

Aladdin de Gorakada Teatro

Aladino coñece a un misterioso personaxe que lle ofrece facerse rico se lle axuda a conseguir unha vella lámpada de aceite que está nunha cova encantada… o proceso de aprendizaxe que experimenta, o espírito da obra, a súa capacidade de evocación e a riqueza plástica do universo das 1001 noites, fan de Aladdin un espectáculo poético e de amizade. A Princesa Alma, o Xenio da lámpada, O Feiticeiro e Aladino agárdante para empezar a aventura.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 3 de maio  | 18 horas
  • Prezo: 5€

 

Sopa de Sapo de Talía Teatro

A avoa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán? Pregúntase a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra: Nooooon!!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!!

– Ben sabes pequena, di a avoa, que para ser unha boa bruxa… ou sexa, unha bruxa como ten que ser… ou sexa, unha bruxa pérfida e malvada, non hai nada como comer a diario sopa de sapo.

Unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 10 de maio | 18 horas
  • Prezo: 3€

 

Il Cirque d’Amore de Butterfly Ensemble

Micaela é a muller barbuda do Cirque d’Amore; nel limpa a pista, da de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público se ría dela… Coa axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Fígaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz? Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas dáse forma ao Il Cirque d’Amore, onde un pianista, un barítono e unha soprano viaxarán co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.

  • Dirixido a: nenos maiores de 4 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 17 de maio | 18 horas
  • Prezo: 5€

 

 


Auditorio Municipal do Concello de Vigo Como chegar

 

Entradas: as entradas poderán adquirirse anticipadamente a través da páxina web de Ataquilla, no teléfono 902 504 500, na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26) ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles).

*Abonos (só a través do canal telefónico e no despacho de billetes):

  • ABONO Á CARTA 5 (elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15% de desconto sobre o prezo total)
  • ABONO Á CARTA 10 (elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total)

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.