Espectáculos infantís en Ourense

O teatro e os espectáculos para o público infantil e familiar continúan durante este mes de maio no Auditorio Municipal de Ourense.

El niño erizo de La Machina Teatro

Cóntanos a historia do noso peculiar protagonista, metade neno, metade ourizo, que medra sentíndose diferente e sendo marxinado na escola, e que nos convida a reflexionar sobre a necesidade de valorarse a un mesmo e aos demais, de atopar o valor da diferenza e tamén daquilo que nos asemella.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 3 de maio | 12 horas
  • Prezo: 3€
  • Entradas: na taquilla do Auditorio dúas horas antes da función ou en Servinova.

 

Aladdin de Gorakada Teatro

Aladino coñece a un misterioso personaxe que lle ofrece facerse rico se lle axuda a conseguir unha vella lámpada de aceite que está nunha cova encantada… o proceso de aprendizaxe que experimenta, o espírito da obra, a súa capacidade de evocación e a riqueza plástica do universo das 1001 noites, fan de Aladdin un espectáculo poético e de amizade. A Princesa Alma, o Xenio da lámpada, O Feiticeiro e Aladino agárdante para empezar a aventura.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 10 de maio | 12 horas
  • Prezo: 3€
  • Entradas: na taquilla do Auditorio dúas horas antes da función ou en Servinova.

 

Feo! de Caramuxo Teatro 

Espectáculo inspirado no conto O parrulo feo. A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día saíu un diferente… Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 40 minutos
  • 17 de maio | 12 horas
  • Prezo: 3€
  • Entradas: na taquilla do Auditorio dúas horas antes da función ou en Servinova.

 

Espantallo amigo de Os Quinquilláns

O espantallo que o tío Ramón coloca na figueira non só logra salvar a froitta, tamén fai medrar nos habitantes da eira a nececisade de coidar uns dos outros. Unha vez conseguido isto, o spantallo aproveita un rafacho de vento para ver o mundo.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 24 de maio | 12 horas
  • Prezo: 3€
  • Entradas: na taquilla do Auditorio dúas horas antes da función ou en Servinova.

 

¡Vivan los niños! de La Guagua

O grupo La Guagua por fin ve cumprido o seu soño: que tódolos nenos e nenas poidan disfrutar das súas cancións a través do espectáculo musical participativo Vivan los niños!

  • Dirigido a: todos los públicos
  • 31 de mayo | 12 horas
  • Precio: 5€
  • Entradas: en la taquilla del Auditorio dos horas antes de la función o en Servinova.

 

AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE Como chegar

Escribe un comentario