Centro de Música Fingoi en Lugo

Música e baile para todas as idades!! ¿Coñecedes o Centro de Música Fingoi en Lugo? Este mes de outubro comezan as clases e actividades: baile galego , xogos bailados, danzas populares, coro infantil, banda, orquestriña, música para bebés…

 

BAILE GALEGO

Comezan de novo os xoves as clases de Baile Galego cos seguintes horarios e grupos:

  • XOGOS BAILADOS | nenos de 4 a 7 anos | xoves de 16 a 17 horas
  • Obradoiro de DANZAS POPULARES | a partir de 12 anos + adultos | xoves de 17 a 18 horas (grupo 1) e de 19 a 20 horas (grupo 2)
  • BAILES POPULARES | nenos de 8 a 12 anos | xoves de  18 a 19 horas

____________________________

CORO INFANTIL

O coro infantil e xuvenil dirixido por Paloma Suanzes coa colaboración de Vadzim Yukhnevich retoma as clases; tamén o fai o coro de adultos.

  • Coro infantil-xuvenil | venres de 16 a 17 horas
  • Coro de adultos | mércores de 20 a 21.30 horas

____________________________

AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS

  • BANDA INFANTIL | martes de 17 a 18 horas
  • ORQUESTRIÑA | xoves de 16 a 17 horas
  • BANDA | mércores de 19.30 a 21 horas
  • ORQUESTRA | xoves de 19.30 a 21 horas
  • GRUPO DE ROCK | venres de 16 a 17 horas
  • GRUPO DE JAZZ | venres de 17 a 18 horas
  • ENSEMBLE FOLK | martes de 18 a 20 horas
    • Trátase dunha agrupación instrumental destinada a explorar o repertorio das música tradicionais
    • Aula quincenal de 2 horas
  • Clases personalizadas de ACORDEÓN DIATÓNICO
  • Aula de ZANFONA

 

*Podes consultar PREZOS e DESCONTOS na secretaría do Centro de Música Fingoi ou nos teléfonos 982 221 630 – 982 284 094.

 

____________________________

MÚSICA PARA BEBÉS

O programa da actividade música para bebés está baseado en diferentes metodoloxías entre as que destaca a Music Learning Theory desenvolvida por Edwin Gordon nos anos 80.
A música apréndese como a linguaxe, da mesma forma que un neno aprende a falar debe aprender música, e, para iso, debe nutrirse dos mesmos estímulos musicais que verbais. A clase é guiada por unha profesora que ofrece cancións con diferentes métricas e modos acompañadas de actividades variadas. Trátase dun espazo non verbal onde apenas se utiliza a palabra.

Durante unha sesión de Música para Bebés os pais e nais aprenderán cancións para espertar, calmar, estimular, entreter, bañar, acariciar, alimentar, acostar aos seus fillos…

  • Dirixido a: familias con bebés de 0 a 3 anos acompañados da nai e/ou o pai, ou outro adulto de referencia afectiva para os bebés (no caso de irmáns un deles debe estar dentro do rango de idade de 0 a 3 anos)
  • Duración: 45 minutos un día á semana
  • Horario: luns de 12 a 12.45 horas | luns e xoves: de 18.15 a 19 horas
  • Prezo: 35€
  • Información e inscricións: na secretaría do Centro de Música Fingoi, no teléfono 982 284 094 ou a través do mail: secretaria@centromusicafingoi.com

 

Como chegar?

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.