Entroido na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura en Santiago celebra o vindeiro día 16 de febreiro o baile de Entroido cun repaso polo mellor da historia do rock coa banda do momento: a Rock and Kids band. Da man de iconas do rock como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy Mercurio e Kiss, grandes e pequenos farán un percorrido pola historia do rock a través dos seus temas máis míticos.

Un concerto moi especial que estará conducido por unha mestra de ceremonias de excepción: StarSuperStar, encargada de propoñer un xogo por tema para que pais e nenos bailen xuntos e acaben convertidos nas grandes estrelas do espectáculo. E por se a música non fose suficiente, antes e despois do espectáculo poderedes compartir coa banda un divertido photocall no que inmortalizar un día como estrela do rock.

  •  Dirixido a: público infantil e familiar
  • Duración: 2 horas
  • 16 de febreiro | 18 horas
  • Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Santiago Como chegar
  • De balde para todos aqueles que veñan disfrazados ou con máscaras

Escribe un comentario