Entroido en Santiago

Santiago prepara un programa de Entroido con actividades para os máis pequenos e con festas infantís nos centros socioculturais da cidade.

6 de febreiro

  • 20 horas | Praza de Cervantes | Desfile do MECO ata a Praza do Toural, pasando polas rúas Nova e do Vilar ata o Pazo de Bendaña, onde permanecerá ata o 10 de febreiro. Animación das comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño. E acompañamento con percusión con Aperta
  • 20.30 horas | Praza do Toural | Subida do MECO ao balcón do Pazo de Bendaña. Pregón a cargo de Arturito Puy e Fabián Santomé, compoñentes de Os da Ría

7 de febreiro

  • 10.30 horas | Animación polas rúas de Compostela. Comparsa Os Conformistas de Conxo e charanga Os Atrevidos. Percorrido: Centro de Maiores de Conxo, Sanatorio Psiquiátrico, rúas Sánchez Freire, García Prieto, Cornes, Praza Roxa, República do Salvador, Xeneral Pardiñas, Alameda, Praza do Toural, rúas Nova e do Vilar, Praza de Platerías, Raíña e Franco
  • 17 horas | Sala Capitol | Festival Infantil de Disfraces con animación a cargo de NI FÚ NI FA

8 de febreiro

  • de 12 a 14 e de 18 a 20 horas | Pazo de Bendaña e Praza do Toural | Obradoiro de percusión con Aperta e obradoiro de mácaras africanas con Abrollarella

9 de febreiro

  • 12 horas | Animación polas rúas de Compostela. A Charanga Recobio pasará pola Praza Roxa, República do Salvador, Alfredo Brañas, República Arxentina, Doutor Teixeiro, Senra, Praza do Toural, rúa Nova, rúas do Vilar e do Franco, porta Faxeira e Alameda
  • 16.30 horas | Estación de ferrocarril | Concentración de carrozas, comparsas e charangas
  • 17.30 horas | Desfile de Entroido polas rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na Avda. Xoán Carlos I
  • 20 horas | Paseo Central da Alameda | Concerto de Sergio Tannus Trio co seu “Son Brasilego”
  • 21 horas | Paseo Central da Alameda | Entrega de premios

10 de febreiro

  • 20 horas | Acompañamento do MECO desde a Praza do Toural ata a Praza Roxa. Percorrido: rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador e Praza Roxa. Animación por parte da comparsa A Ruliña de Laraño
  • 21 horas | Praza Roxa | Queima do MECO. Animación de NI FÚ NI FÁ co acompañamento da Banda Municipal de Música

 

Nnos Centros Socioculturais…

Festa de disfraces e merenda compartida (*previa inscrición):

  • 2 de febreiro | 18.30 horas | LSC da Rocha.
  • 6 de febreiro | 11 horas | CSC de As Fontiñas coa comparsa Fauna Barriopinta
  • 8 de febreiro | 17.30 horas | CSC da Trisca: Sobremesa do Entroido
  • 13 de febreiro | 17 horas | CSC do Castiñeiriño. Concurso de filloas organizado pola AV O Castiñeiriño. Festa a partir das 19 horas

Festa de disfraces

  • 2 de febreiro | 17 horas | LSC Cardenal Quiroga
  • 6 de febreiro | 17 horas | LSC San Lourenzo
  • 10 de febreiro | 18.30 horas | CSC de Vite e Conxo
  • 12 de febreiro | 18.30 horas | LSC da Pontepedriña

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorCarnaval en Vigo
Artículo siguienteCarnaval en Santiago

Escribe un comentario