Dr. Panush, xogos e crebacabezas únicos

Hoxe quero presentarvos a Dr. Panush, unha marca de xogos e crebacabezas diferentes, por orixinais e por bonitos, ademais de divertidos e cunha chea de beneficios para o desenvolvemento tanto de pequenos coma de maiores. Quixemos falar co creador de Dr. Panush, Luis Castro, e contounos a súa historia (non vos parece un doutor super entrañable?).

 

[blockquote indent=»yes» ]Panush é un apelido estranxeiro pouco frecuente e encontrámonos no noso camiño con alguén chamado así. Gustounos a súa sonoridade e fixémolo noso. Creo que soa moi ben![/blockquote]

 

Darlle o título de Doutor veu despois porque os seus creadores pensaron en crear un personaxe como imaxe da súa tenda e así naceu tamén o seu blog El Laboratorio del Dr. Panush onde analizan os crebacabezas e explican os xogos.

 

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Preguntámoslle a Luis que podemos atopar nesta tenda online? E esto é o que nos contou:

«Podemos encontrar crebacabezas e xogos de importación para toda a familia. Dende 18 meses en diante. A maioría dos produtos caracterízanse pola súa orixinalidade -crebacabezas con caixas con forma de libro ou maletín, crebacabezas de madeira con pezas con formas asombrosas, crebacabezas en lata, con minipezas ou pezas XXL, crebacabezas 3D, crebacabezas que se deben facer sen copiar por ningunha imaxe… -. Nós apostamos pola diferenciación. Así, temos marcas estadounidenses e británicas, pouco ou nada estendidas en Europa. Os xogos e crebacabezas non son coñecidos en España pero son best sellers en USA e Reino Unido.»

 

[blockquote indent=»yes» ]Xogos diferentes…[/blockquote]

Hai un montón de xoguetes que nos inundan cada día en tendas de xoguetes e internet, pero recoñezo que os xogos Dr. Panush son diferentes. Ademais de entretidos e divertidos, axudan a mellorar e reforzar as habilidades dos nenos (tamén dos maiores), «tales como a discriminación visual, o cálculo, as habilidades motoras, as matemáticas, a memoria, o pensamento estratéxico, as relacións espaciais, a imaxinación ou a creatividade» explícanos Luis.

Os xogos que podemos encontrar en Dr. Panush foron premiados en numerosas ocasións por asociacións de pais e profesores e revistas especializadas en educación tanto en Canadá como en USA. Mesmo nalgúns, como a serie My World de Gibsons -creada en colaboración cunha psicóloga de nenos especialista en xogos infantís- veñen recomendadas algunhas pautas ou consellos a seguir para os pais ou titores que lles axudan a sacar o maior rendemento ao crebacabezas ou xogo.

myworld_drpanush

My Garden Day & Night: 2 puzzles de 45 pezas. 4-7 anos

juego_mr panush

Os nenos reforzan habilidades motrices, discriminación visual, pensamento estratéxico. Para + 10 anos

Outros xogos foron inventados por nenos (por exemplo, Mermaid Beach é a creación dunha nena de 8 anos), as ilustracións e as presentacións son xeniais, e despois hai sorpresas; como sucede coas caixas especiais nas que recoller despois de xogar non será unha tortura se non unha diversión.

 

[blockquote indent=»yes» ]E os crebacabezas?[/blockquote]

«Os crebacabezas son perfectos para manter a mente áxil, dende a infancia ata a vellez. De feito, existen estudos que indican que son moi bos como defensa contra o alzheimer. Aínda que me preguntes polos nenos, digo isto porque me amola esa imaxe que moitas veces ten a xente de que os crebacabezas son só para nenos», conta Luis. «Os crebacabezas son bos para mellorar a concentración, traballar a motricidade fina dos dedos, potenciar a intelixencia lóxico-matemática e a intelixencia espacial».

puzzle_madera_drpanush

Puzzle con pezas de madeira para 3-4 anos. The Wentsnail

puzzle_drpanush

Puzzle con pezas de madeira dos animais do fondo submariño. Para + 5 anos

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]Por agora venden online. Esta é a súa tenda: doctorpanush.com[/blockquote]

Este o seu blog: El Laboratorio del Dr. Panush

 

Non vos parecen xeniais? Ademáis na súa web explícannos cada xogo, as idades e moita máis información… así que non deixedes de visitala!!!

 

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.