Disney Live! na Coruña

O espectáculo Disney Live! Mickey’s Music Festival chega á Coruña do 5 ao 8 de febreiro. Un percorrido por distintos estilos musicais e versións das cancións máis coñecidas de La Sirenita, Aladdín e Toy Story. Xunto con Mickey e Minnie Mouse, o Pato Donald, Goofy, Ariel, Sebastián, Úrsula, Yasmín, Aladdín, o Xenio, Woody, Buzz e Jessi… comeza unha viaxe musical… Da man de Mickey Mouse os espectadores transportaranse a un novo mundo de movementos de hip hop, acrobacias vertixinosas, alfombras voadoras e transformacións máxicas con Aladdín, Yasmín e o Xenio. Baixo a auga, o público atoparáse con Ariel, Sebastián e os seus amigos acuáticos para bailar a ritmo de reggae, e moverá o esqueleto mentres Woody, Buzz e Jessi lles ensinan a bailar ao estilo rodeo. Todos poderán converterse nun mási da pandilla mentres caen globos xigantes do teito e as personaxes de Disney bailan no escenario.

En Disney Live! Mickey’s Music Festival o público conecta directamente coas personaxes dende o primeiro momento. Os actores fan que as familias se sintan parte do show e canten, bailen e disfruten acompañados dos personaxes Disney.

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • Duración: 75 minutos
  • 5 e 6 de febreiro | 19 horas
  • 7 de febreiro | 16 e 19 horas
  • 8 de febreiro | 16 horas
  • Entradas: desde 10€ en entradasgira.es
  • Coliseum da Coruña Como chegar

 

*Na cidade de Vigo estará do 30 de abril ao 3 de maio

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.