Día dos Museos 2016 na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura en Santiago celebra o Día dos Museos cunha xornada de portas abertas pensada para gozar en familia o sábado 21 de maio. A moda e o téxtil son os protagonistas deste día no que poderedes participar en obradoiros, visitas, contacontos, arte… Estas son as actividades pensadas para os nenos e familias, pero podedes consultar todo o programa na web cidadedacultura.gal:

  • 11 e 17 horas | Visita familiar Con-Fío en Galicia. Poderedes descubrir a exposición Con-Fío en Galicia a través dun percorrido guiado no que coñeceredes os tecidos e cómo vestían os galegos ao longo da historia. Os máis pequenos converteránse en modistas e xastres acompañados da mascota Fi e viaxarán no tempo, desde os castrexos ao futuro, para adiviñar como se vestía en cada século…  ***entrada de balde
  • de 11 a 20 horas | Enredando. Da man da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño coñeceredes o proceso de produción da seda a través dunha demostración práctica e un pequeno teatriño: desde a cría e evolución dos vermes ata a extracción da seda para a confección do fío e a elaboración das teas. Os participantes poderán elaborar o seu propio bolso-bandoleira personalizado. ***recomendado a partir de 3 anos || entrada de balde

 

cidadedacultura_museos

 

  • de 11 a 20 horas | Ilustrando o Día dos Museos. As ilustradoras Julia Abalde e Rebeca Losada serán as encargadas de darlle cor ao Día dos Museos coa realización de murais de gran formato nos que poderedes colaborar. Partindo dos seus bocetos todos os participantes nesta xornada poderán aportar o seu gran de area e ser parte desta creación site specific. **recomendado a partir de 7 anos || entrada de balde
  • de 16 a 20 horas | Wearables: fabricando a roupa do futuro. Poderedes confeccionar o voso primeiro wearable, prendas que incorporan todo tipo de dispositivos que nos fan a vida máis sinxela. Coñeceredes as tecnoloxías e téxtiles cos que vestirán os cidadáns do futuro. ***recomendado a partir de 9 anos || entrada de balde
  • 17.30 horas | Cóntoche un traxe con Montse Rivera. Viaxaredes no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós. A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. **recomendado a partir de 6 anos || entrada de balde

 

 

Arte e comparte

A Cidade da Cultura anímavos a levar roupa usada e elaborar con ela un mosaico artístico efémero coa colaboración de todos. Ao finalizar a xornada, toda a roupa recollida ao longo do día cederase a ONGs para a súa distribución entre a poboación máis necesitada.

 

Cidade da Cultura en Santiago Como chegar

Escribe un comentario