Día do Museo no MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo celebra o Día Internacional dos Museos cunha programación especial. A entrada será gratuita os días 15, 16 e 17 de maio.

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema para o DIM 2015 é Museos para unha sociedade sostible, que pon de manifesto o papel que xogan os museos á hora de sensibilizar ao público sobre a necesidade dunha sociedade menos debaldidora, máis solidaria e que utilice os recursos dun xeito máis respectuoso cos sistemas biolóxicos.

  • 15, 16 e 17 de maio | de 11 a 14.30 e de 17 a 21 horas 

 

TUNEANDO! Obradoiros infantís para público familiar

Coincidindo coa fin de semana do DIM, no Laboratorio das Artes prepararon unha montaña de obxectos e materiais utilizados ao longo destes meses nos talleres infantís. Agora dependerá de vós atopar as pistas para tunear e converter estes obxectos noutras cousas… que acontecerá…? Antes de entrar nos talleres, cada participante pode recoller na taquilla do MARCO a pulseira da FEAM que o identificará como Amig@ dos Museos.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos, sós ou acompañados de adultos
  • 16 e 17 de maio | de 12 a 14 horas e de 18 a 20 horas
  • Entrada gratuita

 

MARCO de Vigo Como chegar

 

 

 

 

Escribe un comentario