Despertamos las Artes 2014

A Fundación Barrié de A Coruña organiza este fin de semana as actividades do programa Despertamos as Artes. Talleres e espectáculos para disfrutar en familia!

Desde un espazo escénico específicamente adaptado aos máis pequenos, o obxectivo é iniciar aos bebés e nenos ata 4 anos no mundo do teatro e da música, e potenciar a súa sensibilidade e intelixencia emocional.

De todo corazón con Teatro Paraíso

Nun pequeno decorado de cores brillantes, desenvólvese a historia dun paiaso e un paxaro que nacen do mesmo ovo. Cómplices como dous xemelgos, viven xuntos aventuras explorando os seus sentimentos: entre a tenrura e a codicia, o medo e a alegría. A sutileza do espectáculo transpórtanos a un universo poético, no cal os nenos navegan con confianza e admiración.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 35 minutos
  • 5 de abril | 11, 12.30 e 18 horas
  • Entradas: o aforo é limitado así que se repartirán invitacións a cada neno, 60 minutos antes de cada espectáculo

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

CORPORE OH! con Eugenia Manzanera

Unha actriz e un músico invitan ao neno a sorprenderse das potencialidades que esconde o seu corpo. Con xogo e risas, CORPORE, OH! se adentra en territorios corporais cun divertido discurso visual e sonoro que levanta o “OOOH!” ao seu público. Todos os sentidos están a flor de pel, incluído o sentido do humor, nunha homenaxe ao asombro de descubrir e descubrirse.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 35 minutos
  • 6 de abril | 11, 12.30 e 18 horas
  • Entradas: o aforo é limitado así que se repartirán invitacións a cada neno, 60 minutos antes de cada espectáculo

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

FUNDACIÓN BARRIÉ na Coruña Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.