Descubrindo o medio acuático en Granxa Barreiros

En Granxa de Barreiros poderedes participar o sábado 16 de mayo no curso de iniciación ao descubrimento do medio acuático. Trátase dun taller para espertar a curiosidade sobre a vida dos seres vivos nos medios acuáticos e para dar a coñecer a gran biodiversidade que existe neste ecosistema. Tamén coñeceredes as características que fan destes medios uns ecosistemas moi fráxiles ante os problemas ambientais que os ameazan hoxe en día e a importancia de poder conservalos para o futuro.

  • 10 horas | Presentación e café de benvida
  • 10:30 horas | Actividades de mañá: charla sobre aspectos xerais do medio acuático e os seres vivos que habitan nel e preparación dunha saída. Traballo de campo en Fondón
  • 14 horas | Comida
  • 15.30 horas | Actividades de tarde: posta en común O Recuncho do naturalista e análise de mostras de auga recollidas e observación de organismos bioindicadores da calidade da auga. Uso de claves de campo para identificación. Uso do microscopio para observación da vida nunha gota de auga. Anotacións no caderno de campo. Avaliación da actividade
  • 18 horas | Despedida

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

  • Dirixido a: adultos e nenos a partir de 8 anos, profesorado de todos os niveis educativos, educadores ambientais, monitores de tempo libre, familias e todas aquelas persoas interesadas no medio natural
  • 16 de maio | de 10 a 18 horas
  • Inscrición: é necesario solicitar a reserva nos teléfonos 982 533 656  /  698 129 000 ou a través do mail info@granxadebarreiros.com. Unha vez confirmada a praza teds que descargar a ficha de inscrición do curso e enviala por mail ou fax.
  • Prezos: 30€ | 20 nenos de 3 a 12 anos

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Granxa Barreiros en Sarria Como chegar

Escribe un comentario