Cursos en Code Monsters

Programación para nenos!! Si, si… o que escoitades… a academia Code Monsters na Coruña é un centro especializado na ensinanza de programación para nenos a partir de 8 anos. Unha iniciativa pioneira en Galicia que comeza cun curso de Scratch ideado para que os máis pequenos aprendan conceptos sobre informática e programación a través do xogo e da resolución de pequenos retos.

As clases teñen unha estrutura moi práctica a modo de talleres para que os nenos creen os seus propios xogos e animacións co obxectivo de incentivar a súa creatividade, de estimular a súa capacidade de cooperación e de análise de problemas. E por suposto de achegarlles a informática dunha maneira divertida.

Scratch é un entorno de programación desenvolvido polo MIT que permite programar dunha forma moi visual e intuitiva, facendo uso de bloques que se poden interconectar a modo de puzzles.

 

Curso de Scratch

  • Dirixido a: nenos a partir dos 8 anos
  • De luns a xoves de 16 a 17.30 horas e de 18 a 19.30 horas | Sábados de 11 a 12.30 horas
  • Duración: 1 clase de hora e media á semana
  • Prezo: 50€
  • Para máis información podedes chamar ao teléfono 981 061 016 ou escribir ao mail info@codemonsters.es.
  • CODE MONSTERS na Coruña Como chegar

** O primeiro grupo comezará o mércores día 1 de outubro. Este mes a matrícula é gratuita!!
 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.