Curso de música tradicional galega

A Granxa Barreiros en Sarria organiza un novo curso para os nenos de 8 a 14 anos: é o III Curso infantil de música tradional galega. Os nenos poderán profundizar nos seus coñecementos de Música Tradicional Galega da man dos grandes especialistas Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo “Chino” (percusión) e Xabi Iglesias (baile galego).

Poderán achegarse aos instrumentos e aos bailes nun entorno natural único como é Granxa de Barreiros. O obxectivo deste curso é que os nenos disfruten do folclore galego nas diferentes especialidades, profundizando na que máis lles guste e iniciándose nas que descoñezan.

  • Dirixido a: nenos de 8 a 14 anos
  • 25, 26 e 27 de xuño
  • Prezo: 125€  *inclúe pensión completa, profesorado, monitores, alimentación con produtos naturais e seguros, e traslado de ida dende o Colexio Fingoi en Lugo
  • Inscrición: tedes que descargar o formulario de inscrición e envialo a secretaria@centromusicafingoi.com.
  • Para consultar máis información podedes chamar ao teléfono 982 221 630.

 
GRANXA BARREIROS en Sarria Como chegar
 
 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.