Culturgal 2013

Un ano máis o programa de Culturgal, a Feira das Industriais Culturais, volve a sorprendernos cunha chea de propostas pensadas para os máis pequenos e para disfrutar en familia. Con circo, contacontos, teatro, música, libros, obradoiros… os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro en Pontevedra.

29 de novembro

11.15 horas | Rinocerontes e Quimeras. Obradoiro de creación literaria co escritor Marcos Calveiro para rapazas e rapaces a partir de 11 anos.

12.15 horas | As crónicas de Landereina. Presentación con centros de ensino.

13.30 horas |  Encontro co escritor manuel Lourenzo González ao redor do libro Flor de area.

17 horas | Rodari Rodari (Contos do tranvía). Un espectáculo de narración oral a cargo de Fantoches Baj, con acompañamento musical.

18 horas | O Crebanoces. Presentación do espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann.

19.30 horas | 3, 2, 1… Teatro Ghazafellos. Presentación da nova montaxe desta compañía ferrolá.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

30 de novembro 

11.30 horas | Contacontos Científicoso: As mellores vacacións do Rei Neptuno.

12 horas | A familia Pindirico con Dinamo Teatro. Espectáculo cómico para todos os públicos.

12 horas | Titiricleta. Contacontos solidario, ecolóxico e itinerante con Anxo Moure.

12 horas | No ESPAZO CINE. A Tropa de Trapo, recomendada para nenos de 2 a 6 anos. Entrada libre ata completar o aforamento.

12 horas | No Teatro Principal de Pontevedra. O príncipe e o parrulo de Eme2. Espectáculo de títeres recomendado para nenos maiores de 3 anos. Entrada: 3€

12.45 horas | O pan de millo con Migallas Teatro.

13.30 horas | Împreuna. Un espectáculo de Pistacatro que descubre ao espectador a  vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de 7 artistas.

16.30 horas | Os Tres Tenedores. Neste espectáculo para público infantil xógase co coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis  relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías…

17.30 horas |Conto O raposo e a mestra coa música de Cé orquestra Pantasma. O autor Manuel Rivas cóntalle este conto a nenos e nenas. Pero non estará só senón acompañado dun home orquestra de nome Cesar Freiría.

18.30 horas | O Gatuxo. Presentación do novo proxecto músico-teatral de Magín Blanco para bebés.

19.45 horas | O meu marabilloso sombreiro. Presentación  das cantigas en galego e xaponés que acompañan a este conto, de Akiko Ishihara e Suevia Sobral.

20 horas | No ESPAZO CARPA presentación do libro disco CoraSons de Kalandraka.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

1 de decembro

11 horas | Encontro con Tanxarina: os bonecos de Tanxarina falan galego.

12 horas | Toc Toc, libro disco de Pablo Díaz. Auditorio do Pazo da Cultura. Entrada libre ata completar o aforamento

12.15 horas | Contos e outras andrómenas. Sesión de contacontos de Pedro Brandariz.

13 horas | Pedaciños de ceo. Presentación deste disco vinilo cheo de exploración, paisaxes sonoras e viaxes editada pola Aula Folque Infantil de Pontevedra, que celebra o seu décimo aniversario.

13 horas | Fitness con Ibuprofeno Teatro. Espectáculo itinerante no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos

16.30 horas | Presentación do libro de Rafael Fernández con ilustracións de Ramón Trigo

17 horas | Contacontos Triqueta Verde. Presentación dos novos títulos Chímpate Pepa!, Paolo e o misterio da Cerdeira e Os Lunares de Lola cunha sesión de contacontos a cargo de Paula Carballeira.

17 horas | Xango de Talía Teatro. Espectáculo de mimo e clown para nenos de 7 a 12 anos. Auditorio do Pazo da Cultura.

18 horas | Cartas que veñen e van con Susa Herrera e Gloria Roel de Mamá Cabra interpretan temas do seu novo libro CD.

19 horas | Tambo. Presentación das cantigas que acompañan este conto multimedia de Laura García e Victor A. Castro

 [divider style=”dotted” height=”40px” ]

Podedes consultar o programa completo AQUÍ.

Pazo da Cultura de Pontevedra Como chegar

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorCulturgal 2013 en Pontevedra
Artículo siguienteThe Nude Design

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.