Creatividade na Cidade da Cultura

Deseños minúsculos, valores maiúsculos

A creatividade chega este verán á Cidade da Cultura de Santiago. Todos os martes do mes de xullo haberá un laboratorio de creatividade para os máis pequenos: Deseños minúsculos, valores maiúsculos. Unha iniciativa para potenciar a curiosidade dos nenos polo deseño, estimular o seu talento creativo e sacar a relucir as súas aptitudes artísticas da man de destacados profesionais da ilustración, a artesanía, a moda e o deseño.

Deseños minúsculos, valores maiúsculos están conducidos por Lois Guillán, creador da firma Cucuducho, e desenvolveranse en catro sesión individuais artelladas ao redor da exposición Con-fío en Galicia:

  • 5 Xullo | 16.30 horas | Debuxar. Co ilustrador Carlos Arrojo
  • 12 Xullo | 16.30 horas | Argallar. Coa deseñadora industrial Beatriz Lema
  • 19 Xullo | 16.30 horas | Enredar. Coa artesá Idoia Cuesta
  • 26 Xullo | 16.30 horas | Artellar. Coa deseñadora de moda Sara Coleman
  • Dirixidos a: nenos de 7 a 11 anos
    • 16.30 horas  | Visita didáctica á exposición Con-fío en Galicia
    • 18 horas  | Realización do obradoiro
  • Prezo: entrada xeral 3€. Á venda no Museo Centro Gaiás, en ataquilla.com e nos puntos de venda física de Ataquilla.
  • Cidade da Cultura en Santiago Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.