Contos que saben a mar na Coruña

Contadores e contadoras galegos chegan ao Aquarium Finisterrae para mergullarnos en historias onde o mar, cos seus personaxes e lendas, é o auténtico protagonista. Para gozar do océano con todos os sentidos, os seus contos estarán acompañados da degustación de produtos mariñeiros elaborados por empresas galegas que traballan con criterios de sustentabilidade.

Unha proposta de actividades do Festival Marea Alta e a campaña Mr Goodfish, que acompaña a mostra fotográfica Perseguindo a Mr Goodfish, e que busca estender o respecto polos recursos mariños e celebrar a importancia do mar nas nosas vidas.

  • 19 de abril | 13 horas | Avelino González + Empanadas Galuriña
  • 10 de maio | 13 horas | Raquel Queizás + Galletas Mariñeiras Daveiga
  • 17 de maio | 13 horas | Candido Pazó + Conservas Mar de Ardora
  • 31 de maio | 13 horas | Charo Pita + Obrador de Lamprea
  • 21 de xuño | 13 horas | Celso F. SanMartin + Conservas Curricán

 

Aquarium Finisterrae da Coruña Como chegar

Escribe un comentario