Contos na Biblioteca Pública de Ourense

A Biblioteca Pública de Ourense programa para este mes contos e obradoiros para os nenos.

A Chiquiteca. Contacontos e actividades para nenos dende os 20 meses aos 3 anos.

A viaxe de Lup con Soledad Felloza | 13 de novembro – 17.30 horas

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminíera é un lobo moito mais pequeno que o seu nome tan longo, por iso todo o mundo lle chamaba Lup…

Un bosque de sons con Cucarandainas | 28 de novembro – 17.30 horas

Un bosque de sons é un convite a viaxar, a crear imaxes, a potenciar a nosa creatividade, a poñer en marcha o noso inventario de palabras, formas, olores…

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Contiños con Susana Villar

Actividades de animación para nenos entre 4 e 6 anos. Durante unha hora Susana realiza actividades axeitadas ás idades relacionadas coa lectura e adiversión.

Xoves 7 e 14 de novembro | 18.30 horas

Martes 19 e 26 de novembro | 18.30 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Os sábados da biblioteca

Viaxeiros no papel. Obradoiros para rapaces a partir de 8 anos. Aprenderánnos a manter espertos todos os sentidos: lendo, escoitando, ulindo, tocando…

16, 23 e 30 de novembro | 11.30 horas 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Para máis información podedes chamar ao teléfono 988 210 700.

Biblioteca Pública de Ourense Como chegar

Escribe un comentario