Contos en Casa K

Casa K en Bueu está de aniversario e celébrao cun novo programa de actividades de animación á lectura, non só para público infantil, senón tamén para as nais e os pais. Sesións de contacontos na que participarán a coordinadora de CASA K, Olalla González, o ilustrador Marc Taeger, e as benxaminas da familia Taeger González.

  • 2 de agosto  | 12 horas | Contacontos: Contos tradicionais
  • 6 de agosto | 18 horas | Contacontos para bebés *de 0 a 3 anos
  • 9 de agosto | 12 horas | Contacontos: Contos de autor
  • 16 de agosto | 12 horas | Contacontos: Contos con Kiko da Silva
  • 20 de agosto | 18 horas | Contacontos para bebés * de 0 a 3 anos
  • 23 de agosto | 12 horas | Contacontos: Contos de príncipes e princesas
  • 30 de agosto | 12 horas | Contacontos: Contos de lobos e monstros

 

*As actividades son de balde e con acceso libre.

Ademais da súa faceta lúdica, especializada na infancia, a libraría de CASA K ofrece unha selección de libros para un amplo abano de idades, dende pre-lectores, a primeiros lectores, pasando por lectores autónomos e mesmo adultos: materiais de cartón, de tea, libro-discos, arte, ciencia, poesía, narrativa.  Dispón dun catálogo de ilustracións orixinais á venda e nesta nova etapa ampliará a súa oferta con xoguetes elaborados artesanalmente.

Casa K en Bueu Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.