Contacontos en Lugo

A Biblioteca Municipal de Lugo organiza para este mes de xullo actividades para os máis pequenos.

Contando con imaxes

Obradoiro con Noemí López no que dará algunhas pautas para coñecer o traballo da narración ilustrada aplicada á literatura infantil e xuvenil.

  • Dirixido a: nenos de 6 a 12 anos
  • Duración: 90 minutos
  • 2 de xullo | 12 horas
  • Require inscrición previa na biblioteca

Obradoiro con Cristina González

Obradoiro con Cristina González baseado nos contos El pez arcoiris e A que sabe a Lúa? no que se traballará a técnica artística do mosaico e o modelado e a expresividade teatral.

  • Dirixido a: nenos de 3 a 6 anos
  • Duración: 90 minutos
  • 9 de xullo | 12 horas
  • Require inscrición previa na biblioteca

Contando con imaxes para os máis pequenos

Obradoiro con Noemí López no que dará algunhas pautas para coñecer o traballo da narración ilustrada aplicada á literatura infantil e xuvenil, adaptado aos máis pequenos.

  • Dirixido a: nenos de 3 a 6 anos
  • Duración: 90 minutos
  • 16 de xullo | 12 horas
  • Require inscrición previa na biblioteca

Orellas de bolboreta e Boabad

Obradoiro con Cristina González baseado nos contos Orellas de bolboreta e  Canciones y nanas infantiles de Boabad no que se traballará sobre a creatividade artística, a orixinalidade e a diversidade cultural.

  • Dirixido a: nenos de 7 a 12 anos
  • Duración: 90 minutos
  • 23 de xullo | 12 horas
  • Require inscrición previa na biblioteca

Como un personaxe xorde nun papel

Obradoiro con Noemí López no que descubrirá aos nenos as técnicas para a creación dun personaxe de ficción e entre todos deseñarán unha mascota para a biblioteca.

  • Dirixido a: nenos de 6 a 12 anos
  • Duración: 90 minutos
  • 30 de xullo | 12 horas
  • Require inscrición previa na biblioteca

 

Biblioteca Municipal de Lugo Como chegar

 

 

Escribe un comentario