Concertos en familia en Pontevedra

Os máis pequenos poderán achegarse á música clásica a través de contos e historias en Pontevedra. Trátase do ciclo Concertos en Familia con concertos didácticos para todos os públicos.

Cyrano

Cyrano está baseado no drama Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand. En clave de humor e tenrura, a historia ten como protagonista a un home que tiña unha nariz enorme e estaba namorado da súa curmá Roxana, mais non se atrevía a lle dicir nada porque se sentía moi feo. Christian era un mozo moi bonito que tamén estaba namorado de Roxana, pero tampouco se atrevía a lle dicir nada porque era moi parvo. Cyrano, que tamén era poeta, axudou a Christian a que declarara o seu amor a Roxana. Christian morreu na guerra e Roxana choroulle durante toda a súa vida, ata que descubriu, pouco antes da morte de Cyrano, que el era o seu verdadeiro amor.

13 de outubro | 18.30 horas

Teatro Principal de Pontevedra Como chegar

Prezo: 5€ (3€ para nenos, estudiantes, parados e xubilados)

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Il Cirque D’ Amore

Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público ría dela… Coa axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Fígaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz? Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, dan forma a Il Cirque d´Amore, onde un pianista, un barítono, e unha soprano viaxarán co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.

20 de outubro | 18.30 horas

Auditorio do Pazo da Cultura Como chegar

Prezo: 5€ (3€ para nenos, estudiantes, parados e xubilados)

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Concerto para bebés de Paulo Lameiro

O Concerto é un recital deseñado para que o público se sente en cómodos coxíns rodeando aos músicos, actrices, animadores e cantantes. Dirixidos todos eles polo luso Paulo Lameiro.

27 de outubro | 11 – 12.30 e 18.30 horas

Auditorio do Pazo da Cultura Como chegar

Prezo: 1 bebé + 1 adulto 12€ (+ custos de tramitación)

[highlight style=”yellow” ]*Dende o Pazo de Pontevedra infórmannos que permitirán que 3 maiores de 5 anos acompañen a cada un dos bebés participantes. O prezo é de 4 euros + gastos para menores de  5 anos e 8 euros + gastos para maiores desa idade.[/highlight]

 

*As entradas están á venta en Servinova.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.