Concertos en familia en Pontevedra

Volven ao Teatro Principal de Pontevedra os Concertos en Familia! Trátase dun ciclo de música clásica para gozar en familia e escoitar en directo pezas orquestrais, pensadas para aumentar o gusto pola música no corazón dos espectadores máis pequenos.

VAI DE MOZART. OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

Vai de Mozart é un concerto vivo, en continua evolución. Neste caso para narrador, orquestra e piano e para todos os públicos, para coñecer e gozar do son dos diferentes instrumentos de orquestra a través de moi coñecidas obras de Mozart, achegándonos un pouco máis á vida e obra do xenial compositor a través de divertidas anécdotas… Unha de Mozart… por favor!!!

  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
  • 12 de outubro | 18.30 horas
  • Prezo: 5€ e reducido 3€

 

O GATO CON BOTAS coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

A historia está baseada no conto dos irmáns Grimm, e musicada polo compositor portugués Vasco Negreiros. Ten lugar no campo, onde un pobre muiñeiro ao morrer deixa sos a tres fillos. Na repartición dos seus bens deixa ao fillo maior o muíño (que é o seu ben máis valioso), ao do medio un burro e ao máis pequeno un gato. Este último decepcionado, pensa en comelo para non morrer de fame, pero… o gato resulta estar cheo de recursos que xuntos descubriremos ao longo do conto.

  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
  • 2 de novembro | 18.30 horas
  • Prezo: 5€ e reducido 3€

 

PEDRO E O LOBO con Fantoches Baj e Banda de Música de Pontevedra

Espectáculo de música e monicreques no que Pedro e Irati son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos agora dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. Hoxe, utilizando algúns dos elementos escenográficos
do seu parque cóntanlle á xente como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado, nun día no que toda a aldea andaba a procura dun lobo, de como Pedro cazou o lobo para facerse o valente e vingarse de que lle papara a seu “pata Branca” e como finalmente Irati convence a Pedro para que perdoe ao lobo e o deixe retornar ao seu ámbito natural, o bosque.

  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
  • 23 de novembro | 18.30 horas
  • Prezo: 5€ e reducido 3€

 

O CREBANOCES con Larraitz Urruzola e Banda de Música de Pontevedra

O Crebanoces é un espectáculo de música e monicreques inspirado no conto de Hoffmann, con música de Tchaikowsky e dirixido a público familiar. Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces o boneco acaba rompendo e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces en realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.

  • Dirixido a: nenos a partir de 4 anos
  • 21 de decembro | 18.30 horas
  • Prezo: 5€ e reducido 3€

 


 

Entradas: venda anticipada a través de Servinova e na billeteira do Teatro Principal desde unha hora antes da función.

TEATRO PRINCIPAL de Pontevedra Como chegar

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorMint and Persimmon
Artículo siguienteFIOT Carballo 2014

Escribe un comentario