Concertos de Pesdelán

Na punta do pé, PesdelánXa vos temos falado con antelación de Pesdelán. Un concerto e obradoiro de baile para disfrutar en familiaÉ un proxecto de música para baile que pretende recuperar a participación do público. Un concerto de Pesdelán implica baile porque nos ensinan cada danza ao tempo que nos fan disfrutar coa súa música. As danzas son moi sinxelas e van dirixidas a todos os públicos.  O grupo xorde da unión de varios profesionais da música, danza e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. No seu traballo Na punta do pé, Pesdelán amosa diferentes temas da xeografía galega e tamén de Portugal.

13 de setembro | 18 horas | Praza de Abastos de Moaña (de balde ata completar o aforo)

6 de outubro | 18 horas | Illas das Esculturas en Pontevedra (de balde)

9 de novembro | 12.30 – 19 horas | Narón  – Recreación tradicional da Esfolla de Doso(de balde)

20 de novembro | *hora por confirmar | Aranga

14 de decembro | *hora por confirmar | A Ramallosa – Teo (de balde)

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.