Conciertos de Musicreques

Asociación Musical Musicreques realiza concertos didácticos para nenos, con música de piano en directo e teatro de marionetas. Todos os seus espectáculos parten da inquedanza de achegar a música clásica aos nenos dun xeito ameno e divertido.

AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES

O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Máxicamente esa misma noite o boneco transfórmase nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seu compinches. Impresionada pola valentía de Quebranoces, a Fada de azucre decide premiar aos nosos protagonistas levándoos de viaxe polo mundo. Así, Clara e Quebranoces viaxarán a Rusia, Exipto e China, onde coñecerán a outros personaxes e vivirán moitas aventuras.

 

  • Dirixido a: nenos de 3 a 12 anos
  • Duración: 1 hora
  • DATAS:
  • 9 de novembro | 18 horas |Casa da Cultura de Arzúa 
  • 29 de novembro | 19 horas | Centro Sociocultural do Graxal en Cambre
  • 20 de decembro | 12 horas | Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela

Escribe un comentario