Concertos De aquí para alá

De aquí para alá! é o proxecto de música infantil de Lydia Botana no que viaxa arredor do mundo aprendendo, escoitando e cantando as músicas de cada lugar. A través da música contaránnos a historia dunha Bolboreta que nace grazas ao son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe e pasaremos por países coma Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos… rematando en Galicia.

Próximos concertos

12 de abril | 12 horas | Palacio de la Ópera de A Coruña | Prezo: 5€ *entradas na taquilla de Praza de Ourense ou en NovaGaliciaBanco.

28 de maio | 18.30 horas | Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, A Coruña

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

 

[blockquote indent=»yes» ] Lydia Botana[/blockquote]

Lydia Botana é músico multinstrumentista natural de Culleredo e ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Podes descubrir máis sobre a súa música na web lydiabotana.com.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.