Concerto de Pablo Díaz: Xente Miúda

Pablo Díaz presenta a súa nova proposta musical: Xente miúda moita fartura. As canciones de Xente miúda teñen que ver co mundo dos máis pequenos e tratan de reflectir e crear recursos para as familias e educadores que necesitan de temas lúdicos para levar a cabo as rutinas dos pequenos (gardar os xoguetes, noraboas no aniversario, etc.). O creador do traballo, Pablo Díaz, rodéase nesta ocasión tanto na grabación como nos concertos en directo, dos músicos Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica), con ritmos e melodías máis próximas para os máis pequeniños.

  • Dirixido a: nenos de 0 a 5 anos
  • Próximos concertos:
  • 14 de maio |  18 horas | Recinto feiral Terra do Queixo en Arzúa
  • 15 de maio | 12 horas | Auditorio da Ramallosa en Teo
  • 15 de maio | 17 horas | Casa da Cultura de Ribadavia
  • 17 de maio | 11 e 12.30 horas | Centro Ágora de A Coruña

 

**Entrada libre e de balde ata completar a capacidade das salas

Escribe un comentario