Club Infantil Los Rosales en setembro

Chega setembro ao Club Infantil Los Rosales da Coruña e con el novos talleres creativos e tamén os talleres habituais para aprender inglés dunha forma didáctica e divertida. Os venres e sábados do mes de setembro os nenos de 3 a 10 anos poden participar en cada unha das actividades de maneira gratuita.

Taller didáctico de inglés | 6 e 20 de setembro | de 18 a 20 horas   **necesita inscrición previa 

Taller de creación dun bonito marco de estrelas | 12 de setembro | de 18 a 20 horas

Os nenos fabricarán un marco de estrelas caseiro para colocar unha fotografía. Manualidade ideal para regalo a seus pais ou amigos. Cunha bonita fotografía tamén é un bo regalo para un día especial.

Taller de elaboración dun paxaro prato | 13 de setembro | de 18 a 20 horas

Esta manualidade fácil de realizar é unha actividade perfecta para os máis peques que pode servir para decorar unha mona de Pascua ou unha tarta de cumpreanos.

Taller de creación dunha xirafa portamensaxes | 26 de setembro | de 18 a 20 horas

Esta manualidade infantil será útil a toda a familia. É unha manualidade moi completa xa que terán que recortar, pegar, pintar e reutilizar materiais.

Taller de elaboración de simpáticos animais noz | 27 de setembro | de 18 a 20 horas

Elaborarán simpáticos animais de cáscara de noz. Aprenderán a reutilizar materiais, deselvolver a súa creatividade e imaxinación, e realizar un traballo sinxelo e preciso, co que poderán xogar ou regalar.

 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

  • Dirixidos a: nenos e nenas de 3 a 10 anos
  • C. C. LOS ROSALES en A Coruña (Planta Alta) Como chegar
  • Prezo: gratuito (so socios do Club Infantil Los Rosales)
  • Máis información no teléfono 981 128 118.

 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

[blockquote indent=”yes” ]Sabedes como podedes facervos socios?[/blockquote]

É moi sinxelo. É totalmente gratuito e a primeira vez que os teus peques asistan ás instalacións do Club, recibirán unha tarxeta de socio, a cual deberá presentar cada vez que queira acceder ás actividades, con cada participación irá acumulando puntos que se convertirán en magníficos agasallos. Ademais de participar nas actividades os socios poderán disfrutar de descontos no Centro Comercial Los Rosales.

[blockquote indent=”yes” ]Descontos![/blockquote]

Bichiños Megapark. 10% de desconto en cumpreans. 2×1 en horas soltas

Décimas. 10 % de desconto en todos os produtos (non acumulable a outras promocións)

Pans&Company. 20% de desconto en todos os produtos agás menús

Mis Personajes. 10% de  desconto en todos os produtos (non acumulable a outras promocións)

Pedal & Joy Indoor: 50% de desconto en sesión de 10 minutos (de luns a xoves agás festivos)

Escribe un comentario