Citinart na Coruña

A pasada fin de semana comenzou nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña o espazo cultural Citinart. Trátase dun escaparate a pé de rúa onde participarán ata o vindeiro 1 de xuño máis de 50 artistas do ámbito do graffiti, arte urbano ou a pintura, a escultura e a fotografía.

  • Urban Sketcher Coruña: mostra do traballo dos artistas asociados a este movemento artístico
  • Arte Urbano: Nine&Cía (Susana Shalabi), con talleres de skate, graffiti e DJ
  • Pintura Rotatorio: apadrinado por Antón Lamazares, contará coa presenza de Edu Albo, Irene Sanjuán e Victoriano Fernández
  • Escultura Rotatorio: formado por Colectivo Khavú, Subgrupo e Francisco Escudero
  • Fotografía Rotatorio: con Pablo Mella e Roi Alonso
  • Estudio de Fotografía (Luis Carré)
  • Literatura Rotatorio: Milicia Gráfica con Pedro Ramos
  • Sociocultural: ONCE (Carmen Ollé e Marcelo Bilevich) coa fotografía como tema estrela
  • Sociocultural Rotatorio: Nos Why Not e o proxecto da Escola Pablo Ruiz Picasso
  • Audiovisual Rotatorio: dentro do festival (S8)
  • Contenedor Visual: Peteiro co proxecto Recrea

Cada contenedor estará ocupado por un artista durante ao menos tres días e estarán abertos ao público en horario de mañá e tarde e atendidos en todo momento polos artistas, que aproveitarán para realizar obras e traballos en directo.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Do 23 de maio ao 1 de xuño
  • Xardíns Méndez Núñez na Coruña Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.