Cine no MACUF da Coruña

O Museo de Arte Contemporánea da Coruña (MACUF) inicia no mes de outubro un ciclo de cine infantil: Maxia na pantalla. As tardes dos sábados poderemos gozar de películas clásicas e actuais para os máis pequenos. Dende o Museo de Arte Contemporánea buscan recuperar a esencia do cine e o hábito de acudir e gozalo en familia.

Os Goonies | 5 de outubro | 18 horas

Mikey é un rapaz de trece anos que xunto co seu irmán maior e os seus amigos, se fan chamar Los Goonies, deciden subir a xogar ao faiado da súa casa, onde o seu pai garda antigüidades. Alí encontran o mapa dun tesouro perdido que data dos tempos dos piratas. Acción sen fin para este clásico moderno do cine familiar e de aventuras.

O mago de Oz | 19 de outubro | 18 horas

Dorothy, que soña con viaxar máis alá do arco da vella, ve o seu desexo feito realidade cando un tornado lla leva co seu cadelo ao mundo de Oz. Tras ofender a Malvada Bruxa do Oeste, aconsellada pola Bruxa Boa do Norte, a nena diríxese polo Camiño Amarelo cara á Cidade Esmeralda, onde vive o todopoderoso Mago de Oz, que pode axudala a regresar a Kansas.

Regreso ao futuro | 26 de outubro | 18 horas

Marty McFly é amigo de Doc, un científico ao que todos toman por tolo. Cando Doc crea unha máquina para viaxar no tempo, un erro fortuíto fai que Marty chegue a 1955, ano no que os seus futuros pais aínda non se coñeceran. Despois de impedir o seu primeiro encontro, deberá conseguir que se coñezan e casen; pola contra, a súa existencia non sería posible.

Robin dos bosques | 2 de novembro | 18 horas

Robin de Lockley regresa a Inglaterra tras combater contra os infieis nas Cruzadas, pero Juan sen Terra, o irmán do Rei Ricardo I, usurpou o trono e goberna como un tirano, polo que o nobre saxón decide refuxiarse no bosque de Sherwood e loitar contra el para devolverlle a coroa a Ricardo.

Os mundos de Coraline | 9 de novembro | 18 horas

Baseada nunha novela de Neil Gaiman, narra a historia dunha nena que, ao atravesar unha parede da súa casa, encontra unha versión mellorada da súa vida: os seus pais son máis considerados con ela, pero as sensacións marabillosas darán paso ao medo e á angustia.

E.T. O extraterrestre | 16 de novembro | 18 horas

Un pequeno ser doutro planeta quédase abandonado na Terra cando á súa nave, ao emprender o regreso, se esquece el. Está completamente só e ten medo, pero farase amigo dun neno que o esconde na súa casa. O pequeno e os seus irmáns intentan encontrar a forma de que o pequeno extraterrestre regrese ao seu planeta antes de que o encontren os científicos e a policía.

Os contrabandistas de Moonfleet | 23 de novembro | 18 horas

John Mohune, un neno de familia nobre pero pobre, é enviado pola súa nai moribunda a Moonfleet, para que se poña baixo a protección de Jeremy Fox. O rapaz descobre que Fox, ademais de ser un antigo amante da súa nai, é o xefe dunha banda de bucaneiros. Entre os dous xurdirá unha estraña amizade e xuntos vivirán apaixonantes aventuras.
Onde viven os monstros | 7 de decembro | 18 horas

Cando Max, un neno desobediente, é enviado á cama sen cear, mergúllase nun mundo imaxinario creado por el e que está poboado por feroces criaturas que o obedecen cegamente. Adaptación dun dos contos para nenos máis vendidos do mundo, a película de Spike Jonze é unha fascinante viaxe a través da imaxinación infantil.

*Todas as sesións comezarán ás 18:00 e a entrada é libre limitada ao aforamento da sala.

MACUF na Coruña Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.